Apocalypse Now
Apocalypse Now | |
---|---|
Logotipo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Apocalypse Now |
Director | Francis Ford Coppola |
Produtor | Francis Ford Coppola |
Guión | John Milius Francis Ford Coppola Michael Herr (narración) |
Baseado en | Corazón da escuridade de Joseph Conrad |
Intérpretes | Marlon Brando Robert Duvall Martin Sheen Frederic Forrest Albert Hall Sam Bottoms Laurence Fishburne Dennis Hopper |
Música | Carmine Coppola Francis Ford Coppola |
Fotografía | Vittorio Storaro |
Montaxe | Richard Marks Walter Murch Gerald B. Greenberg Lisa Fruchtman |
Estudio | Zoetrope Studios |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 1979 |
Duración | 153 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Bélico, Drama |
Orzamento | $31 500 000[1] |
Recadación | $150 000 000 |
Na rede | |
https://www.lionsgate.com/movies/apocalypse-now | |
Apocalypse Now é un filme estadounidense dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1979. O guión de John Milius e Coppola vén da idea de Milius de adaptar a novela de Joseph Conrad Corazón da escuridade coa ambientación da Guerra de Vietnam. É un filme de guerra épico ambientado nos últimos anos da guerra, e está protagonizado por Marlon Brando, Robert Duvall e Martin Sheen. O filme céntrase na historia do Capitán de Operacións especiais Benjamin L. Willard (Sheen), que ten a misión de asasinar un americano renegado e tolo, o Coronel Walter E. Kurtz (Brando).
Sinopse
[editar | editar a fonte]O Capitán Willard é un oficial dos servizos de intelixencia do exército estadounidense ó que lle encomendan a perigosa misión de eliminar a Kurtz, un coronel renegado que se volveu tolo no medio da Guerra de Vietnam. No corazón da selva, nun campamento inzado de cabezas cortadas e cadáveres putrefactos, a enorme e enigmática figura de Kurtz reina como un deus despótico sobre os membros da tribo Montagnard.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Martin Sheen como Capitán Benjamin L. Willard
- Marlon Brando como Coronel Walter E. Kurtz
- Robert Duvall como Tenente Coronel William "Bill" Kilgore
- Frederic Forrest como Jay "Chef" Hicks
- Albert Hall como George Phillips
- Sam Bottoms como Lance B. Johnson
- Laurence Fishburne (nos créditos como "Larry Fishburne") como Tyrone "Mr. Clean" Miller
- Dennis Hopper como Foto xornalista americano
- G.D. Spradlin como Tenente Xenerañ Corman
- Jerry Ziesmer como o home misterioso
- Harrison Ford como Coronel Lucas
- Scott Glenn como Capitán Richard M. Colby
- Bill Graham como Axente das bailarinas
- Cynthia Wood como Bailarina do ano
- Linda (Beatty) Carpenter como Bailarina "Miss Agosto"
- Colleen Camp como Bailarina "Miss Maio"
- R. Lee Ermey como Piloto de helicóptero
- Christian Marquand como Hubert de Marais
- Aurore Clément como Roxanne Sarraut-de Marais
- Roman Coppola como Francis de Marais
- Francis Ford Coppola como o director rodando o combate na praia; el berra "Don't look at the camera, keep on fighting!" (Non mires á cámara, segue loitando).
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1979: 2 Oscars: Mellor fotografía e son. 8 nomeamentos.
- 1979: Festival de Cannes: Palma de Ouro.
- 1979: Premios David di Donatello: Mellor director estranxeiro.
- 1979: 3 Globos de Ouro: Director, Actor Secundario (Robert Duvall) e Banda Sonora. Nomeado a mellor filme.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1979
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Francis Ford Coppola
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de United Artists
- Filmes de American Zoetrope
- Filmes rodados en Filipinas
- Filmes ambientados en Vietnam
- Filmes ambientados en 1969
- Filmes sobre a Guerra do Vietnam
- Filmes gañadores da Palma de Ouro
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1979 con versión en galego