Saltar ao contido

Anna Paquin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Paquin

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Anna Hélène Paquin Editar o valor en Wikidata
24 de xullo de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Winnipeg, Canadá Editar o valor en Wikidata
ResidenciaVenice (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónWindward School (en) Traducir (–2000)
Universidade Columbia
Raphael House Rudolf Steiner School (en) Traducir
Hutt Intermediate School (en) Traducir
Windward School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeStephen Moyer (2010–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001593 Allocine: 15889 Rottentomatoes: celebrity/anna_paquin Allmovie: p198605 TCM: 147396 Metacritic: person/anna-paquin TV.com: people/anna-paquin IBDB: 113245
Twitter: AnnaPaquin Instagram: _annapaquin BNE: XX1324680 Discogs: 1494791 WikiTree: Paquin-47 Editar o valor en Wikidata

Anna Hélène Paquin, nada en Winnipeg (Canadá) o 24 de xullo de 1982, é unha actriz neozelandesa.[1][2]

O primeiro filme co que acadou sona internacional foi The Piano, de Jane Campion, grazas ó que gañou o Óscar á mellor actriz secundaria en 1994, cando tiña once anos, converténdose deste xeito na segunda persoa máis nova en acadar este premio.[3][4] Despois do éxito en The Piano, a súa traxectoria como actriz colle folgos unha década máis tarde con papeis en filmes como She's All That, Almost Famous e X-Men, sendo neste último onde interpreta a Pícara, papel polo cal é amplamente coñecida.

Malia gañar o premio Óscar tan nova logrou manter unha carreira coherente e moita discreción na súa vida privada. Actualmente, Paquin conseguiu recoñecemento da crítica polo seu papel como Sookie Stackhouse na serie de True Blood e foi premiada co Globo de Ouro á mellor actriz en serie de televisión dramática no 2009.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É filla de Mary Paquin (Brophy, apelido de solteira) mestra de inglés nada en Nova Zelandia e do canadense Brian Paquin, mestre de educación física.[6] Ten un irmán, Andrew (1977),[7] e unha irmá, Katya (1980).[8] Á idade de catro anos marchou coa súa familia a Lower Hutt en Nova Zelandia.

En 1995 produciuse o divorcio dos seus pais e cando tiña 15 anos, trasladouse coa súa nai aos Ánxeles para impulsar a súa carreira como actriz. Cando rematou o instituto trasladouse a Nova York, onde se matriculou na Universidade de Columbia e asistiu as clases durante un ano, ata que decidiu deixar os estudos para continuar como actriz. No 2001, adquiriu a nacionalidade neozelandesa, de xeito que posúe dobre nacionalidade canadense e neozelandesa, aínda que ela se considera abertamente neozelandesa.[9][10]

Está casada co seu compañeiro do elenco de actores de True Blood, Stephen Moyer, que encarnou o seu mozo tamén na ficción.[11] Anna e Stephen comezaron a saír pouco despois das audicións para a serie, pero non confirmaron a súa relación até febreiro de 2009. Seis meses despois anunciaron que estaban prometidos para casaren o 21 de agosto do seguinte ano en Malibú. Por mor da rodaxe de True Blood, Paquin trasladouse a Venice nos Ánxeles en 2007.

En 2009, Paquin interpretou a Irena Sendler, unha muller polaca heroína do Holocausto, no filme O corazón valente de Irena Sendler, un filme biográfico baseado no libro Mother of the Children of the Holocaust: The Irena Sendler Story, de Anna Mieszkowska.[12]

En 2019, tivo un papel no filme de Martin Scorsese The Irishman, que foi aclamado pola crítica.[13] Ese mesmo ano tamén produciu e protagonizou a serie de televisión Flack[14] e apareceu na serie de televisión The Affair.[15] En 2021, interpretou a muller de Kurt Warner no filme, American Underdog.[16]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Paquin no ano 2006.
Paquin co seu home e compañeiro na serieTrue Blood Stephen Moyer, ano 2009.
Ano Título Personaxe Notas Referencias
1993 The Piano Flora McGrath
1996 Jane Eyre Jane Eyre (moza)
Fly Away Home Amy Alden
1997 Amistad Isabel II de España
1998 Hurlyburly Donna
Tenkū no Shiro Rapyuta Sheeta (voz) Dobraxe en inglés
1999 A Walk on the Moon Alison Kantrowitz
She's All That Mackenzie Siler
It's the Rage Annabel Lee
2000 X-Men Marie / Pícara
Almost Famous Polexia Aphrodisia
Finding Forrester Claire Spence
2001 Buffalo Soldiers Robyn Lee
2002 Darkness Regina
25th Hour Mary D'Annunzio
2003 X2 Marie / Pícara
2005 Steamboy James Ray Steam (voz) Dobraxe en inglés
The Squid and the Whale Lili
2006 X-Men: The Last Stand Marie / Pícara
2007 Blue State Chloe Hamon Tamén foi produtora executiva [17][18]
Mosaic Maggie (voz)
Trick 'r Treat Laurie
2010 The Romantics Lila Hayes
Open House Jennie
2011 Scream 4 Rachel Cameo
Margaret Lisa Cohen
The Carrier Kim Curtametraxe
2013 Straight A's Katherine
Free Ride Christina Tamén produtora
2014 X-Men: Days of Future Past Marie / Pícara Cameo
2015 The Good Dinosaur Ramsey (voz)
2018 Furlough Lily Benson
The Parting Glass Colleen Tamén produtora
Tell It to the Bees Dr. Jean Markham
2019 The Irishman Peggy Sheeran
2021 American Underdog Brenda Warner
2023 True Spirit Julie Watson
TBA A Bit of Light Completa, aínda sen estrear [19]

Televisión

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas Referencias
1997 The Member of the Wedding Frankie Adams Telefilme
2007 Enterrádeme o corazón en Wounded Knee Elaine Goodale Telefilme
2008–2014 True Blood Sookie Stackhouse 80 episodios [20]
2009 O corazón valente de Irena Sendler Irena Sendler Telefilme
2011 Phineas and Ferb Kristen (voz en inglés) Episodio: "The Curse of Candace"
2013 Susanna Katie 6 episodios
2016 Roots Nancy Holt Episodio: "Part 4"
2017 Bellevue Annie Ryder 8 episodios; tamén produtora executiva [21]
Alias Grace Nancy Montgomery 5 episodios [22]
Philip K. Dick's Electric Dreams Sarah Episodio: "Real Life"
2019–presente Flack Robyn 12 episodios; tamén produtora executiva
2019 The Affair Joanie Lockhart 8 episodios
2021 Modern Love Isabelle Episodio: "In the Waiting Room of Estranged Spouses"
2022 A Friend of the Family Mary Ann Broberg Miniserie
  1. "True Blood musical in the works, says show composer". CBC News. 18 de xuño de 2014. Consultado o 3 de febreiro de 2015. Starring Canadian-born, New Zealand actress Anna Paquin as Stackhouse 
  2. Corry, Dominic (15 de febreiro de 2013). "Dominic Corry: New Zealand's Oscar heroes". The New Zealand Herald. Consultado o 3 de febreiro de 2015. Canadian-born Kiwi Anna Paquin 
  3. Crisell, Luke (21 de maio de 2007). "Rogue Star". New York (revista). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2007. Consultado o 21 de maio de 2007. 
  4. "Anna Paquin. Biography, news, photos and videos". Hello! (revista). Consultado o 24 de xullo de 2017. 
  5. "Biography – Anna Paquin". Golden Globe Awards. Consultado o 4 de xullo de 2018. 
  6. MacDonald, Marianne (4 de outubro de 2009). "Anna Paquin: interview for 'True Blood'". The Daily Telegraph. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  7. Fernandez, Jay A. (11 de maio de 2010). "Grindstone picks up Andrew Paquin's first film". The Hollywood Reporter (Cannes). Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  8. "X Appeal". The Observer. 6 de agosto de 2000. Consultado o 15 de setembro de 2022. 
  9. "Interview: Anna Paquin". USA Weekend. 16 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 4 de xullo de 2018. 
  10. Douglas, Ana (1 de xullo de 2012). "HAPPY CANADA DAY: These 10 Hollywood Actors All Hail From The North". Business Insider. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  11. DiNunno, Gina (5 de agosto de 2009). "Anna Paquin and Stephen Moyer Get Engaged". TV Guide. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  12. "Academy Award And Recent Golden Globe Award Winner Anna Paquin Stars in 'The Courageous Heart of Irena Sendler,' A New "Hallmark Hall Of Fame" Presentation to Be Broadcast Sunday, 19 April on the CBS Television Network". thefutoncritic.com. 12 de maio de 2008. Consultado o 23 de abril de 2010. 
  13. Pedersen, Erik (3 de outubro de 2017). "Anna Paquin To Play De Niro's Daughter In Martin Scorsese's 'The Irishman' For Netflix". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2017. Consultado o 3 de outubro de 2017. 
  14. Schaffstall, Katherine (12 de marzo de 2018). "Anna Paquin to Star in Pop TV's New Limited Series 'Flack'". The Hollywood Reporter. 
  15. Kinane, Ruth (17 de xullo de 2019). "Anna Paquin teases what's to come on the final season of 'The Affair'". Entertainment Weekly. Consultado o 30 de xaneiro de 2022. 
  16. N'Duka, Amanda; D'Alessandro, Anthony (13 de xaneiro de 2021). "Anna Paquin Set To Star In 'American Underdog: The Kurt Warner Story' Opposite Zachary Levi". Deadline Hollywood. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  17. Horowitz, Josh (1 de maio de 2007). "Anna Paquin, Breckin Meyer Talk 'Blue State,' Why 'Garfield' Saga Isn't Over". MTV News. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2022. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  18. "Anna Paquin Visits "Blue State"". CBS News. 4 de maio de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  19. Grater, Tom (12 de outubro de 2021). "Anna Paquin & Ray Winstone Starring In Stephen Moyer-Directed 'A Bit of Light'". Deadline Hollywood. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  20. Schneider, Michael (9 de agosto de 2007). "HBO rolls with Ball's 'True Blood'". Variety. Consultado o 22 de outubro de 2022. 
  21. Goldberg, Lesley (31 de xullo de 2017). "Anna Paquin Drama 'Bellevue' Acquired by WGN America". The Hollywood Reporter. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  22. Nellie Andreeva (16 de agosto de 2016). "Anna Paquin To Star In 'Alias Grace' Netflix & CBC Miniseries". Deadline. Consultado o 16 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]