Allo porro
Porro | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||||||
Allium ampeloprasum var. porrum (L.) J.Gay |
O porro[1] (Allium ampeloprasum var. porrum) é unha das variedades cultivadas da especie Allium ampeloprasum que se cultiva polo seu bulbo, chamado no eido culinario allo porro.
Como a cebola e o allo, esta planta pertence á familia das liliáceas. Trátase dunha planta bienal orixinaria de Europa e Asia Occidental que se cultiva polas súas follas, bulbo e flores comestíbeis. A outra variedade da especie é A. ampeloprasum var. ampeloprasum, que se caracteriza por producir bulbos co aspecto dun allo, mais de tamaño moito maior.
Características
[editar | editar a fonte]O porro posúe tres partes que son: as follas longas e lanceoladas (con tons verdes e azulados) algo planas, o talo e un pequeno bulbo branco e alongado (o allo porro) do que saen unha certa cantidade de raiciñas. Un porro adoita ter medio metro de altura, e pode acada os 3 ou 5 cm de groso. Ten un sabor característico, semellante ao das cebolas porén máis suave. O seu emprego na alimentación non deu informes de investigación que limiten o seu consumo. Cómpre destacar que é fonte dun carbohidrato chamado inulina. É común na cociña galega.
Cultivo
[editar | editar a fonte]O porro é unha planta bienal resistente aos climas fríos, e por regra xeral prefire solos profundos. Adóitase sementar a finais do inverno, e as primeiras plantas pódense apañar en primavera (habitualmente, entre 16 e 20 semanas trala súa plantación). Medra a pleno sol, aínda que tamén pode facelo a media sombra. As flores son hermafroditas e son polinizadas por abellas e outros insectos. Para o proceso del branqueo, cando está o talo está desenvolvido de abondo, déitase se soterra para evitar que lle dea a luz.
Historia
[editar | editar a fonte]É unha planta coñecida en Europa dende hai séculos, comestíbel xa no antigo Exipto no 4000 a. C.,[2] así coma en Asia. Os romanos utilizábana na cociña, e dise que o empreador Nerón era un apaixonado do allo porro e tomaba en sopas.[3]
Usos culinarios
[editar | editar a fonte]É unha verdura empregada frecuentemente en sopas e cocidos, porén tamén pode botarse crúa en ensaladas.[4][5] A parte comestíbel da planta son as follas e o bulbo, aínda que tamén se comen ás veces as flores en ensaladas. Ten especial relevancia na cociña dos climas atlánticos (Galicia, Cornixa cantábrica, Francia, Países Baixos, Illas Británicas etc) Na gastronomía galega é un ingrediente esencial nos caldos e sopas. No País Vasco faise a porrusalda, unha especie de sopa [6] Na cociña catalá son coñecidos os calçots , unha variedade do allo porro noviño que se acostuma comer tenro polo final do inverno asado na grella e acompañado dun mollo (romescu) feito cunha mestura de améndoas, tomate etc. Noutras gastronomías europeas aparece como ingrediente, como por exemplo na belga no waterzooi ou en diversos pratos franceses, como o vichyssoise ou o mirepoix. No mundo anglosaxón tense a leek soup moi famosa na cociña de Gales.
Usos medicinais
[editar | editar a fonte]A planta ten as mesma propiedades medicinais ca o allo, mais dun xeito máis suave e cos principios activos diminuídos.[7] Disque o zume que bota a planta ten propiedades insecticidas.[8] Téñense feito numerosas pescudas , comprobándose efectos hipotensores en ratas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Flores de porro
-
Dúas cabezas florais
-
Detalle dunha flor
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrada nº 33. Xusto A. Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 21.
- ↑ Daniel Zohary and Maria Hopf, Domestication of plants in the Old World, third edition (Oxford: University Press, 2000),p. 195
- ↑ "Historias curiosas de la Gastronomía", Liliaan Goligorsky, Ed. Robinbook, 2005
- ↑ Hedrick. U. P. Sturtevant's Edible Plants of the World. Dover Publications 1972 ISBN 0-486-20459-6
- ↑ Facciola. S. Cornucopia - "A Source Book of Edible Plants". Kampong Publications 1990 ISBN 0-9628087-0-9
- ↑ Mikel Zaraté, (1976), Influencias del vascuence en la lengua castellana: a través de un estudio del elemento vasco en el habla coloquial de Chorierri-Gran Bilbao,La Gran Enciclopedia Vasca,
- ↑ Bown. D. "Encyclopaedia of Herbs and their Uses". Dorling Kindersley, London. 1995 ISBN 0-7513-0203-1
- ↑ Riotte. L. Companion Planting for Successful Gardening. Garden Way, Vermont, USA. 1978 ISBN 0-88266-064-0
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mathew, B. 1996. "A review of Allium" sect. Allium. (Rev. sect. Allium)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Allo porro |
- [1] Escrito sobre o porro
- O allo porro de Sahagún
- Porros