Caldo galego
Aparencia
Caldo galego | |
Tipo | Sopa |
Temperatura | Moi quente |
Tempo | Primeiro prato |
Orixe | Galicia |
Gastronomía | Gastronomía de Galicia |
Ingredientes | |
Orixe animal | Chourizo Lacón Touciño Unto |
Orixe vexetal | Grelo Verza Repolo Pataca Fabas |
O caldo galego é unha sopa ou caldo típico da gastronomía de Galicia.
Ingredientes e elaboración
[editar | editar a fonte]Os seus principais ingredientes son os grelos, verzas ou repolo xunto con patacas, unto ou graxa de porco, para dar substancia, fabas e ocasionalmente algún ingrediente máis, como chourizo, lacón ou touciño entrefebrado cocido.
Sérvese moi quente, decote como primeiro prato.
O caldo na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]Ditos
[editar | editar a fonte]- O que non quer caldo, sete cuncas!, Dise daquel que estaba amargado por un contratempo ou unha desgraza e lle ocorren varios.
- Tan honrado é o caldo com'as castañas - Tan malo é un coma outro[1].
Cantigas
[editar | editar a fonte]- Ei vén teu pai,
ei vén túa nai
ei vén teu avó,
que nunca foi bo
caldiño pouco
e verciñas catro
sabell-o pan
comá lingua dun gato.
- Miña sogra morrèose onte
deixoume o caldo na ola,
vamonos comendo o caldo
quen se morreo, que se morra[2].
Refráns
[editar | editar a fonte]- Bebe dispois do caldo, e manda o médico ao diaño.
- Bebe dispois do caldo, e rite do cirurxiano.
- Caldo de galiña é p'ró enfermo a millor meiciña.
- Caldo de tripas, moito repenicas.
- Caldo e sacramentos, p'ra quen os pida.
- Caldo sen graxa, pan sen tasa.
- Caldo sen pan dáselle ao can.
- Canto máis caldo, máis sopas.
- Custa máis o caldo que as talladas.
- De caldo requentado e vento de burato, gárdate coma do diaño.
- Do bo caldo, pouco; do malo, ningún.
- Fixo a vella un caldo de grelos e chupouse os dedos.
- O caldo, ben cocido e ben repousado.
- O caldo das paridas, non lle fai mal ás preñadas.
- O caldo de galiña, a ninguén prexudica.
- O caldo, engrolado, p'ros porcos é un bo bocado.
- O caldo, en quente; a inxuria, en frío.
- O caldo quenta o corpo.
- O que dispois do caldo non bebe, non sabe o que perde.
- O que no caldo bota viño, de vello faise mociño.
- Se bebes co caldo, non darás moita avinza ao cirurxiano.
- Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ao cirurxiano.
- Se queres ter ao teu home gordiño dispois do caldo dálle un gotiño sempre que sexa de viño.
- Todo sexa craro, menos o caldo[3][4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José María Pereda Álvarez (1953): Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega, en Douro Litoral (5ª série, VII-VIII, pp. 19-52)
- ↑ Juan Sobreira Salgado (1792-1797): Papeletas de un diccionario gallego, ed. de J. L. Pensado Tomé (Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979)
- ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
- ↑ Eligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo