Abdul Kalam
Nome orixinal | (ta) அவுல் பகிர் ஜைனுலாப்தீன் அப்துல் கலாம் (awa) डॉक्टर ए पी जे अब्दुल कलाम |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de outubro de 1931 Rameswaram taluk, India (en) |
Morte | 27 de xullo de 2015 (83 anos) Shillong, India (pt) |
Causa da morte | parada cardiorrespiratoria |
Presidente da India | |
25 de xullo de 2002 – 25 de xullo de 2007 ← K. R. Narayanan – Pratibha Patil → | |
Datos persoais | |
Relixión | Sunnismo e Islam |
Educación | St Joseph's College, Tiruchirappalli (en) Universidade de Madras (pt) Universidade de Oakland |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñaría aeroespacial, fabricante aeroespacial, poesía, política, ciencia e indústria aeroespacial (pt) |
Ocupación | político |
Partido político | sen valor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Premios | |
| |
Sitio web | abdulkalam.nic.in… |
Avul Pakir Jainulabdeen Abdul Kalam (en lingua támil, ஏ. பி. ஜே. அப்துல் கலாம்), nado en Rameswaram o 15 de outubro de 1931 e finado en Shillong o 27 de xullo de 2015, foi presidente da India dende 2002 a 2007, foi tamén un recoñecido enxeñeiro e científico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes e formación académica
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha familia humilde támil de relixión islámica, o seu pai era imán na mesquita local e tiña un pequeno batel para o transporte. Compatibilizando os estudos co repartimento de xornais, na súa etapa escolar destacou nas Matemáticas.[1] Tras o ensino básico, formouse en Ciencias en 1954 no St. Joseph's College, unha das máis recoñecidas institucións académicas indias e vinculada aos xesuítas.[2] Posteriormente, estudou enxeñaría aeroespacial no Instituto Tecnolóxico de Madrás.[3]
Carreira científica
[editar | editar a fonte]Tivo un papel salientable no programa espacial indio e no desenvolvemento de mísiles.[4] Foi coñecido como o "home mísil da India" polo seu traballo no desenvolvemento da tecnoloxía de mísiles balísticos e de foguetes espaciais.[5][6][7]
Incorporouse profesionalmente en 1958 a Defence Research and Development Organisation (DRDO), unha axencia creado nese polo goberno de Nehru para subministrar armamento ás forzas armadas indias. Alí procourou desenvolver un aeroescorregador que acabou por non levarse a termo.[8] Logo desta experiencia sen froito, traballou na Organización India de Investigación Espacial (ISRO). Ao abeiro desta institución e coa finalidade de elaborar un satélite artifical indio, formouse coa NASA, sendo logo nomeado director do proxecto de deseño e desenvolvemento do SLV-III, un foguete espacial que poñería con éxito en órbita ao satélite Rohini 1B en 1980.[9]
Director xeral de DRDO entre 1982 e 1999, centrouse no desenvolvemento de mísiles teledirixidos.[10] Conselleiro científico do Ministerio de Defensa dende 1992, tamén dirixiu o departamento de investigación e desenvolvemento do mesmo. Deste xeito, en 1998 foi o encargado de supervisar as probas nucleares subterráneas coñecidas como Pokhran-II, que seguiron as primeiras realizadas na India en 1974.[11][12] Estas probas confirmaron que a India era unha potencia con armamento atómico.[13]
En 1999 foi recoñecido primeiro Asesor Científico principal do Goberno da India, un cargo que lle deu rango ministerial.[14]
Presidente da India (2002-2007)
[editar | editar a fonte]En 2002 Kalam resultou elixido o 11º Presidente da India co apoio tanto do partido gobernante, o Bharatiya Janata, como do principal da oposición o Congreso Nacional Indio. Foi o terceiro xefe do estado musulmán da India, logo de Zakir Husain e Fakhruddin Ali Ahmed. A súa elección foi interpretada como un intento por superar a violencia intercomunitaria no estado de Gujarat e a cuestionada inacción do executivo do Bharatiya Janata.[9] Durante a súa presidencia, Abdul Kalam gozou de grande popularmente e foi coñecido como o "presidente do pobo".[15]
Últimos anos
[editar | editar a fonte]En 2007 tras rematar o seu mandato, volveu dar clases como profesor visitante en varias institucións, e gañou sona como orador en conferencias, especialmente centradas na mocidade. O seu pasamento foi o 27 de xuño de 2015 mentres daba unha disertación en Shillong, no estado de Meghalaya.[16] O seu enterro foi na súa localidade natal e contou coa presenza das mais altas autoridades indias, entre as que destacou o primeiro ministro Narendra Modi.[17]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Foi solteiro, vegano e abstemio. Destacou pola súa humildade e tras a presidencia pretendeu volver ao seu cuarto nunha residencia universitaria en Madrás, algo que foi desaconsellado, buscando un piso de tres habitacións.[18] Cultivou a poesía en lingua támil e a música carnática (a música clásica do sur da India) sendo intérprete de vina.[19] Aprendeu hindi de adulto.[20] Fondamente espiritual e practicante do islam, recitaba de memoria o Corán, aínda que tamén era coñecedor dos textos sagrados do hinduísmo. Moi próximo a súa familia, legou as súas escasas posesións ao seu irmán máis vello.[21][22]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu numerosos premios e condecoracións, entre os que salienta o Bharat Ratna, o honor civil supremo da India. Ademais, foi nomeado doutor por 48 universidades de todo o mundo.[23]
Como homenaxes póstumas púxose o seu nome a unha autoestrada de Nova Deli e a unha illa en Odisha, no golfo de Bengala.[24][25] Ademais, en 2018, unha nova especie vexetal descuberta en Bengala Occidental foi denominada como Drypetes kalamii na lembranza de Abdul Kalam.[26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Not aware of any will left by Kalam: Nephew". The Times of India (en inglés). Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Illustrious alumni/ae". St Joseph's College. Consultado o 17-12-2022.
- ↑ "Notable Alumni". www.museum.mitindia.edu. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ Encyclopædia Britannica (India), ed. (2000). A to C (Abd Allah ibn al-Abbas to Cypress). Nova Delhi. p. 2. ISBN 978-0-85229-760-5.
- ↑ Pruthi, R. K. (2005). "Ch. 4. Missile Man of India". En Anmol Publications. President A.P.J. Abdul Kalam. pp. 61–76. ISBN 978-81-261-1344-6.
- ↑ "India's 'Mr. Missile': A man of the people". 30 de xullo de 2015.
- ↑ "Kalam's unrealised 'Nag' missile dream to become reality next year". 30 de xullo de 2015.
- ↑ "In the service of the country". frontline.thehindu.com (en inglés). 1997-12-12. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ 9,0 9,1 "Abdul Kalam". CIDOB. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Dr APJ Abdul Kalam Defence Research and Development Organisation - DRDO Ministry of Defence, Government of India". www.drdo.gov.in. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ Amartya, Sen (2003). "India and the Bomb". En Sangam Books. Prisoners of the Nuclear Dream. pp. 167–188. ISBN 978-81-250-2477-4.
- ↑ Rojas, Ana Gabriela (2015-08-04). "Abdul Kalam, cerebro del proyecto nuclear indio". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "India's Nuclear Weapons Program - Operation Shakti: 1998". nuclearweaponarchive.org. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Former Principal Scientific Advisers to the Government of India". www.psa.gov.in (en inglés). Consultado o 2022-12-17.
- ↑ Amarnath k Menon (28 de xullo de 2015). "Why Abdul Kalam was the 'People's President'". DailyO.in. DailyO.
- ↑ "Former Indian president APJ Abdul Kalam has died, aged 83". the Guardian (en inglés). 2015-07-28. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "India state funeral for former president APJ Abdul Kalam". BBC News (en inglés). 2015-07-30. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Abdul Kalam (1931-2015): Padre de la bomba nuclear india". La Vanguardia (en castelán). 2015-07-29. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ Scott, D. J. Walter (2017-07-23). "‘Kalam playing veena’ steals the limelight at memorial". The Hindu (en inglés). ISSN 0971-751X. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "‘Mulayam Singh was APJ Abdul Kalam’s guru for Hindi’". The Times of India (en inglés). Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "‘Kalam had no property’". The Hindu (en inglés). 2015-08-02. ISSN 0971-751X. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ Jul 31, Sivakumar B. / TNN / Updated:; 2015; Ist, 06:48. "Man of integrity, Kalam insulated family from trappings of power | Chennai News - Times of India". The Times of India (en inglés). Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Dr.APJ.Abdulkalam Official Website LIST OF DOCTORATES". www.abdulkalam.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2023. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Aurangzeb Road is now Abdul Kalam Road". The Hindu (en inglés). 2015-09-03. ISSN 0971-751X. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Wheeler Island renamed APJ Abdul Kalam Island on former president's death anniversary-India News , Firstpost". Firstpost (en inglés). 2017-07-28. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ Das, Biplab (2018-02-09). "New plant species discovered in north-east India". Nature India (en inglés). doi:10.1038/nindia.2018.15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abdul Kalam |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial de A.P.J Abdul Kalam Arquivado 08 de decembro de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina web oficial de A.P.J. Abdul Kalam como antigo presidente da India (en inglés)