Saltar ao contido

ABC Studios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ABC Studios

Editar o valor en Wikidata
TipoSubsidiaria
Fundación1985 (como Touchstone Television)
2007 (como ABC Studios)
MatrizDisney-ABC Television Group
LocalizaciónBurbank (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
Persoas claveJohn E. Pepper, Jr., presidente
Robert Iger, presidente/director executivo
IndustriaProdución televisiva
Na rede
https://www.dgepress.com/abc/
IMDB: co0209226 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

ABC Studios é unha produtora de televisión subsidiaria de Disney-ABC Television Group. ABC Studios estableceuse orixinalmente como Touchstone Television (chamada despois Touchstone Pictures) en 1985 e pero trocou de nome polo actual en maio de 2007.

Dende a tempada de 2009–2010, tódalas series de televisión producidas por ABC Studios teñen a lenda "An ABC Studios Production" ó comezo dos créditos, mentres que o logo de ABC Studios foi temporalmente abandonado. Porén, o logo de ABC Studios pode ser visto ó final das reposicións de producións televisivas que llo levaban anteriormente. É unha compañía derivada de Touchstone Pictures, a primeira compañía de Disney que non leva o nome de Walt Disney.

En xuño de 2009, ABC Entertainment anunciou unha nova organización, efectiva de inmediato.[1][2] En xaneiro de 2010, Disney-ABC Television Group anunciou que ía recortar un 5% a forza de produción.[3]

  1. ABC Entertainment Group Announces Reorganization Arquivado 10 de abril de 2013 en Archive.is, Animation World News, 18 de xuño de 2009.
  2. ABC Unveils Reorganized Operations Arquivado 21 de xuño de 2009 en Wayback Machine., Zap2It.com, 19 xuño de 2009.
  3. Disney's ABC Television Group to Cut 5% of Workforce, Los Angeles Times, 30 de xaneiro de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]