Amparo Rivelles
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Amparo Rivelles y Ladrón de Guevara 11 de febreiro de 1925 Madrid, España |
Morte | 7 de novembro de 2013 (88 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Osteoporose |
Lugar de sepultura | Sacramental de San Lorenzo y San José |
Actividade | |
Ocupación | Actriz |
Período de actividade | 1939 - |
Familia | |
Pais | Rafael Rivelles e María Fernanda Ladrón de Guevara |
Irmáns | Carlos Larrañaga |
Parentes | Amparo Larrañaga, sobriña Luis Merlo, sobriño |
Premios | |
| |
María Amparo Rivelles y Ladrón de Guevara,[1] nada en Madrid o 11 de febreiro de 1925 e finada no mesmo lugar o 7 de novembro de 2013, foi unha actriz española de ampla traxectoria teatral e cinematográfica iniciada en 1939.[2][3] Converteuse, xunto coa actriz Aurora Bautista, na principal figura feminina do cine español da posguerra mercé ás producións de Cifesa.
Coñecida como a "raíña das telenovelas mexicanas", no país azteca tamén logrou enorme popularidade polos seus traballos para a televisión, ademais de pertencer á chamada Época de Ouro do cine mexicano. De volta ao seu país natal, protagonizou a adaptación de Los Gozos y las sombras e foi a primeira actriz galardoada co Premio Goya da Academia de Cine, por Hay que deshacer la casa (1986).
Até o seu retiro en 2006 interpretou obras de Jacinto Benavente, Enrique Jardiel Poncela, Miguel Mihura, Jean Cocteau, Fernando de Rojas, Jean Giraudoux, Óscar Wilde e Alejandro Casona, entre outros.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Madrid no seo dunha familia con gran tradición na escena. Filla dos actores Rafael Rivelles e María Fernanda Ladrón de Guevara, foi irmá por parte de nai de Carlos Larrañaga e tía de Amparo Larrañaga e Luis Merlo.
Con catorce anos incorporouse profesionalmente á compañía teatral da súa nai e un ano despois apareceu na súa primeira película. Ao comezo da década de 1940 asinou un contrato en exclusiva coa produtora Cifesa, interpretando papeis protagonistas en Alma de Dios, de Ignacio Farrés Iquino; Malvaloca, de Luis Marquina; Eloísa está debajo de un almendro, El clavo e La fe, de Rafael Gil; Eugenia de Montijo, de José López Rubio ou Alba de América, de Juan de Orduña, que a conduciron rapidamente ao éxito e o recoñecemento.[5]
Traballou á vez en teatro, onde en 1947 representou A puerta cerrada, de Jean-Paul Sartre, con dirección de Luis Escobar e xunto a Lola Membrives e Guillermo Marín.
Rodou ás ordes de Orson Welles na versión española de Mister Arkadin (1955) e de Tulio Demicheli en La herida luminosa (1956).
Trasladouse a América para traballar na televisión cubana e estableceu a súa residencia durante vinte anos en México, onde fixo teatro e rodou moitas películas e famosas telenovelas, moitas delas en compañía do actor mexicano Ernesto Alonso.[6] O seu regreso a España produciuse en 1979 coa obra Salvar a los delfines, de Santiago Moncada, sendo xa considerada unha das actrices máis prestixiosas do panorama español.[7][8]
Aínda que potenciou a súa carreira teatral, en 1986 conseguiu o primeiro Premio Goya á mellor actriz, pola película Hay que deshacer la casa, que rodou José Luis García Sánchez a partir da obra de Sebastián Junyent que Rivelles representara en múltiples escenarios xunto a Lola Cardona. Con Esquilache (1989), de Josefina Molina, obtivo un segundo nomeamento, esta vez como actriz secundaria.[9]
Para televisión destacou o seu traballo nas adaptacións de dous clásicos literarios: Os gozos e as sombras (1982), con Eusebio Poncela, Charo López e Carlos Larrañaga nos papeis principais e La Regenta (1995), de Fernando Méndez-Leite.
En 1996 recibiu o Premio Nacional de Teatro. En 2004 recibiu por votación popular o IX Premio Nacional de Teatro Pepe Isbert, que concede por votación a Asociación de Amigos de los Teatros de España (Amite).
Tamén foi Doutora Honoris Causa pola Universidade Politécnica de Valencia, sendo a primeira actriz en recibir tal honra. A pesar de non vivir nunca en Valencia, sentíase moi vinculada a esta cidade, da que foi filla adoptiva, xa que nela estaban as súas orixes.
Co teatro como eixo da súa actividade profesional, en 2004 anunciou que a representación de La brisa de la vida, que encabezaba xunto a Núria Espert, podería ser a súa última función, aínda que tamén afirmou que "se atopo algo que me ilusione, que me apeteza moito, fareino, pero se non, esta pode ser unha preciosa despedida".[10] Dixo adeus ao teatro en xaneiro de 2006 tras unha representación de La duda en Santander, mesma cidade do seu debut en escena.[11]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Cara a 1942 viviu un primeiro noivado co actor Alfredo Mayo. Nunca contraeu matrimonio e a comezos da década de 1950 afrontou en solitario a maternidade da súa filla María Fernanda, que lle deu dous netos. A súa neta Amparo, residente en México, faleceu no verán de 1981 con só oito anos de idade vítima de lupus eritematoso.
Morreu en Madrid o xoves 7 de novembro de 2013 aos 88 anos de ida, vítima de osteoporose, no Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz.[12][13]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nome completo". www.españaescultura.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Fallece Amparo Rivelles" (en castelán). 8 de novembro de 2013. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Falece a actriz Amparo Rivelles". 8 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Entrevista a Amparo Rivelles". ABC (xornal) (en castelán). 28 de maio de 1980. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Amparo Rivelles: «Me enamoré hace mucho del teatro y sé que no lo cambiaría por nada»". ABC (xornal) (en castelán). 16 de decembro de 1988. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Amparo Rivelles todavía en la brecha". ABC (xornal) (en castelán). 25 de agosto de 1974. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Triunfal reaparición de Amparo Rivelles con "Salvar a los delfines"". ABC (xornal) (en castelán). 16 de setembro de 1979. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "La vuelta de Amparo Rivelles". El País (en castelán). 18 de setembro de 1979. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Amparo Rivelles, Premio Goya a Mejor Actriz Protagonista 1987". Youtube. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Amparo Rivelles se aleja del teatro". La Nación (en castelán). 9 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Amparo Rivelles suspende la gira de 'La duda' e insinúa su retirada" (en castelán). 25 de xaneiro de 2006. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "Amparo Rivelles: «Me respetaron porque nunca vendí mi vida privada»" (en castelán). 9 de novembro de 2011. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "La capilla ardiente de Amparo Rivelles, instalada en el Teatro Alcázar" (en castelán). 8 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 25 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Amparo Rivelles na IMDb (en inglés).
- Programa 'Autorretrato' de Televisión Española, dedicado a Amparo Rivelles, presentado por Pablo Lizcano (5 de xuño de 1984).
- Entrevista no País, por Maruja Torres. Amparo Rivelles: "Envellecer é a falta de curiosidade" (6 de agosto de 1994).
- Entrevista en 'La ventana', da Cadea SER, a Núria Espert e Amparo Rivelles, por Gemma Nierga (19 de febreiro de 2004). Arquivado 12 de novembro de 2013 en Wayback Machine.
- Entrevista en 'Neste momento', da Cadea SER, a Amparo Rivelles, por Iñaki Gabilondo (7 de marzo de 2005). Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Homenaxe a Amparo Rivelles no Instituto Cervantes de Madrid o 26 de setembro de 2011.