Saltar ao contido

Do it yourself

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rapaz constríndo un avión de aeromodelismo.

Do it yourself (literalmente en galego: faino por ti mesmo), habitualmente abreviado coma DIY, é unha expresión en lingua inglesa referida á práctica de fabricar, modificar ou reparar algo por conta propia, no lugar de procurar axuda ou pagar polo traballo de especialistas ou profesionais.

A investigación académica describe o "DIY" como un comportamento no que se toman materiais e compoñentes para producir, transformar ou reconstruír posesións materiais, tamén aquelas obtidas da propia contorna natural. O "DIY" xorde a partir de:

  • Motivacións económicas (beneficio económico, carencia dun produto ou da calidade deste, necesidade de personalización)
  • Cuestións de identidade (aprendizaxe dun oficio, fortalecemento das capacidades propias, procura dunha comunidade ou de algo único)

A finais da década dos 70, o principio do DIY tornouse profundamente asociado ao anarquismo e en xeral a movementos anticonsumistas. Como concepto ou principio ético, o DIY cuestiona o suposto monopolio das técnicas por especialistas e estimula a capacidade das persoas para aprenderen a realizar cousas alén do que tradicionalmente se crían quen de facer.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.