Saltar ao contido

Miopsinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de xaneiro de 2023 ás 20:38 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.3)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Miopsinos
Myopsina

Loligo vulgaris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Subclase: Coleoidea
Superorde: Decabrachia
Orde: Teuthida
Suborde: Myopsina
d'Orbigny, 1841
Familias
  • Véxase o texto
Ollo dunha lura que mostra a córnea e a falta da pálpebra secundaria.

A dos miopsinos (Myopsina) é, para algúns autores, unha suborde de moluscos cefalópodos coleoideos decabraquios da orde dos téutidos.[1]

A suborde comprede dúa familias, a dos australitéutidos (Australiteuthidae), monotípica, e a dos lolixínidos (Loliginidae), que comprende unhas 50 especies moi diversas e das que moitas son comercialmente moi importantes.

Porén outros taxónomos, como os do WoRMS, consideran este grupo como unha orde da orde dos decapodiformes (a dos miópsidos), debido a que se demostrou que Teuthida é un nomen dubium, que inclúe [Myopsida + Oegopsida], pero non está demostrado que formen un clado.[2]

Véxase tamén: Miópsidos.
Véxase tamén: Egópsidos.

Características

[editar | editar a fonte]

Un bo número de características morfolóxicas distingue aos membros dos miopsinos dos dos seu grupo irmán, os egopsinos. Algunhas das diferenzas máis obvias encóntranse na estrutura dos ollos: nos dos miópsidos falta unha pálpebra secundaria e, en cambio, están cubertos por unha membrana córnea transparente, a abertura da cal se reduce a un microscópico poro anterior na maioría das especies. Os seus brazos ou tentáculos presentan ventosas simples (non teñen ganchos), e con ventosas adicionais xeralmente situadas nos lóbulos bucalis. A porción anterior dos tentáculos carece dun aparato de peche e prenentan unha bolsa tentacular na cabeza. O embude non ten músculos adutores laterais. Presentan unha cuncha interna en forma de pluma ou espada, ben desenvolvida, que está situada dorsalmente no manto e se estende por case toda a súa lonxitude. En contraste cos egópsidos, as femias posúen glándulas nidamentais accesorias ademais das principais; porén, carecen do oviduto dereito.[3][4]

Os miopsinos habitan en augas costeiras de todo o mundo. Son demersais e xeralmente aliméntanse no fondo ou preto del.[3][4]

O tamaño dos adultos oscilan entre os menos de 2 cm de lonxitude do manto das luras ananas dos xéneros Australiteuthis e Pickfordiateuthis, até os máis de 90 cm que pode medir Loligo forbesii.[3][4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A suborde foi descrita en 1845 (como orde) polo naturalista francés Alcide d'Orbigny.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo Myopsina está formado polos elementos do latín científico my-, tirado do grego antigo μύειν mýein, 'pechar os ollos'; -ops, derivado do grego antigo ὅψις ópsis, 'ollo', e o sufixo do latín científico -ina. Literalmente: 'os que pechan os ollos', aludindo á carencia de pálpebra secundaria.[5]

A suborde dos Myopsina comprende as dúas familias seguintes:[6]

  1. Myopsina Orbigny, 1841 no ITIS.
  2. Teuthida Naef, 1916 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 3,2 Jereb, P. & C. F. E. Roper (2010): "Squids". En: P. Jereb & C. F. E. Roper (eds.) Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of species known to date. Volume 2. Myopsid and Oegopsid Squids. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes No. 4, Vol. 2. FAO, Roma. pp. 34–35.
  4. 4,0 4,1 4,2 Vecchione, M. & R. E. Young (2008): Myopsida Naef, 1916 Arquivado 16 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.. Tree of Life Web Project.
  5. myopsid Arquivado 13 de maio de 2016 en Wayback Machine. no Oxford Dictionary.
  6. Myopsida no WoRMS.