Ximnasia artística
A ximnasia artística é un deporte olímpico que forma parte dunha das 5 disciplinas que hai na ximnasia. Consiste en executar diferentes exercicios en diversos aparellos. Estes varían segundo o xénero do deportista, existindo polo tanto dúas modalidades, a feminina e a masculina. A ximnasia artística feminina consta de 4 aparellos: barra de equilibrio, exercicio de chan, salto de poldro e barras asimétricas. En troques, a masculina ten dous exercicios máis: exercicios de chan, salto de poldro, cabalo con aros, argolas, paralelas e barra fixa.
Este está composto por unha gran variedade de elementos que requiren unha gran técnica en cada un dos aparatos. Interrelaciónanse o risco, o equilibrio e a beleza estética dos movementos. Os exercicios son moi técnicos, difíciles de realizar e esixen ó ximnasta unha gran perfección. Para poder facelos requírese unha gran capacidade de concentración, forza, axilidade, disciplina e coordinación.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ximnasia artística |