Xeodesia
A xeodesia[1] é a disciplina científica que se ocupa das medidas e representación da Terra, o seu campo gravitatorio e fenómenos xeodinámicos, nun espazo en tres dimensións de tempo variable.
A xeodesia ocúpase principalmente do posicionamento e o campo gravitatorio e os aspectos xeométricos das súas variacións temporais, aínda que pode tamén incluír o estudo do campo magnético terrestre.
A forma da Terra é en gran medida o resultado da súa rotación, que causa un avultamento ecuatorial, e a competición de procesos xeolóxicos coma a colisión de placas tectónicas e o vulcanismo, ós que se resiste ó campo gravitatorio da terra. Isto aplícase á superficie sólida (oroxenia; poucas montañas son máis altas de 10 km, poucas subducións submarinas son máis profundas ca iso.) De forma simplificada, unha montaña tan alta coma, por exemplo, 15 km, produciría unha presión na súa base tan grande, debido á gravidade, que a roca pasaría a estado plástico, e a montaña retrocedería a unha altura duns 10 km nun tempo xeolóxico insignificante. (En Marte, cunha gravidade superficial menor, o volcán máis grande, o monte Olimpo, ten 27 km de altura, unha altura que non podería manter na Terra.) A gravidade afecta de forma similar á superficie líquida e á atmosfera terrestre. Por esta razón, o estudo do campo gravitatorio da Terra é considerado como unha parte da xeodesia, chamada xeodesia física.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeodesia.