Saltar ao contido

Xacinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXacinto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ὑάκινθος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Lugar de sepulturaTomb of Hyakinthos at Amyklai (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisPiero
Amiclas
Ébalo Editar o valor en Wikidata  e Clío
Diomede Editar o valor en Wikidata
IrmánsPolyboea
Cinorta Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
A morte de Xacinto por Jean Broc.

Na mitoloxía grega Xacinto era o fermoso amante do deus Apolo e fillo do rei de Laconia, Amiclas.

Certo día atopábanse Apolo e Xacinto lanzando o disco, práctica moi común na Grecia antiga; cando foi a quenda de o lanzar Apolo este fíxoo por riba das nubes, e Xacinto, ao contemplar o lanzamento e ansioso por demostrarlle a Apolo que el tamén podía conseguir semellante proeza, foi correndo a buscar o disco, pero este rebotou na terra e impactou na cabeza de Xacinto. Apolo intentou socorrelo pero xa estaba morto e o sangue manáballe da cabeza. Para non esquecelo nunca fixo nacer do seu sangue unha nova flor, o xacinto.