William Kennedy Dickson
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1860 Le Minihic-sur-Rance (Francia) |
Morte | 28 de setembro de 1935 (75 anos) Twickenham, Reino Unido (pt) |
Residencia | Inglaterra (valor descoñecido–1879) Inglaterra (década de 1910–1935) Estados Unidos de América (1879–1911) Francia (1860–valor descoñecido) |
Actividade | |
Ocupación | inventor, fotógrafo, enxeñeiro, cámara, realizador, actor, produtor de cinema, director de fotografía, director de cinema, guionista |
Período de actividade | 1890 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Cine |
Representante | Light Cone |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Irmáns | Antonia Dickson |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
William Kennedy Laurie Dickson (Francia, 1860 — Londres, 1935), director cinematográfico, fotógrafo e enxeñeiro anglo-francés.
Creceu en Inglaterra pero, en canto alcanzou a madurez, viaxou aos Estados Unidos para buscar fortuna coa compañía de Thomas Edison.
Dickson era un fotógrafo afeccionado e seguira o traballo de varios pioneiros na procura do que logo habería de ser o cine. Durante o seu emprego no laboratorio de Thomas Alva Edison, en Menlo Park, Dickson tivo a oportunidade de investigar os xeitos de rexistrar o movemento na película fotográfica, inspirándose ao principio, en métodos similares á forma en que o fonógrafo de Edison gravaba o son. Os primeiros esforzos involucraron un tambor que viraba iluminado por unha luz estroboscópica.
Foi capaz, en 1890, de crear unha cámara e un visor que utilizaban tiras longas de película para capturar o movemento en marcos individuais. En 1891, Edison arquivou unha patente para o invento, que recibiu o nome de kinetoscopio.
A mediados da década de 1890, os salóns con kinetoscopios volvéronse un entretemento popular mediante o cal os norteamericanos coñeceron por primeira vez as películas con movemento. Dickson empezou traballando nun proxector para que puidesen despregarse as películas ao mesmo tempo para grandes grupos.
Logo de separarse de Edison, fundou a súa propia compañía e creou unha cámara xunto co sistema proxector. A compañía, denominada American Mutoscope and Biograph Company, lanzou as súas propias películas e no futuro converteuse nun dos máis grandes estudos de cine do seu tempo.
Dickson volveu a Londres en 1897 e, logo de viaxar e rodar películas durante varios anos, abandonou a industria cinematográfica para converterse en enxeñeiro eléctrico. Considerado un dos pais do cine, faleceu en 1935.