Willi Ninja
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1961 Middletown, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 2 de setembro de 2006 (45 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte por SIDA |
Outros nomes | Willi Ninja |
Actividade | |
Ocupación | bailarín, coreógrafo |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | 40 LGBT+ qui ont changé le monde (en) |
William Roscoe Leake, coñecido como Willi Ninja, nado no barrio de Queens, Nova York, o 12 de abril de 1961 e morto na mesma cidade o 2 de setembro de 2006, foi un bailarín afroamericano e coreógrafo, coñecido especialmente a raíz da súa aparición no filme documental Paris is Burning.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un bailarín autodidacta que perfeccionou o seu estilo nos anos oitenta. Ninja foi durante anos un personaxe importante dos bailes de drags dos clubs de Harlem, interpretando corografías inspiradas por Fred Astaire, a ximnasia deportiva, o contorsionismo das culturas orientais ou o mundo da alta costura, e que resultaron un estilo de danza e de movementos moi persoal. Deste xeito chamou a atención de Jennie Livingston, o director de Paris is Burning, que o escolleu para un papel decisivo dentro do documental. O filme, que foi un éxito de crítica e de recadación, facía un percorrido polo ambiente drag da comunidade homosexual neoiorquina, e serviu de trampolín para Ninja. A partir de aí comezou facer máis aparicións públicas como profesional. De feito, a cantante Madonna recoñeceuno como unha das súas fontes[1], e inmortalizouno no seu tema e no seu vídeo de 1990 "Vogue."
Formou un conxunto estábel de bailaríns, chamado House of Ninja (Cas Ninja), que era unha combinación de familia extensa e de grupo de baile, e onde el era chamado a Nai. Foi bailarín noutros moitos vídeos musicais, como os de Malcolm McLaren ou Masters At Work. Os seus últimos anos de carreira incluíron desfiles de moda para Jean-Paul Gaultier, actuacións coa compañía de Karole Armitage, ou clases de como camiñar que lle deu á modelo Paris Hilton. Tamén abriu unha axencia de modelos de seu.
Faleceu enfermo de sida.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeo de Vogue en youTube, onde aparece Willi Ninja.