Saltar ao contido

Usipetes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Usipetes foron unha tribo xermánica da que temos noticia no século I.

Tácito conta que unha cohorte de Usipi (que pode ser un sinónimo de Usipetes) formou parte como auxiliares nas campañas militares do xeneral Agrícola na Britannia. Os Usipetes non aparecen mencionados na Germania de Tácito pero aparecen en César nas súas Guerra das Galias (IV,1; 4; 16; 18; VI,35) como un pobo que invadiu a Galia no -55.