Turkish Airlines
Turkish Airlines Türk Hava Yollari | ||
---|---|---|
IATA TK | OACI THY | Indicativo TURKISH |
Fundación | 1933 | |
Aeroporto principal | Aeroporto Internacional Atatürk, Istambul, Turquía | |
Plan de voo frecuente | Miles & Smiles | |
Alianza | Star Alliance | |
Subsidiarias | Anadolujet SunExpress B&H Airlines Cyprus Turkish Airlines | |
Frota | 308(+66 en espera) | |
Destinos | 283 (39 nacionais, 97 internacionais) | |
Dirixentes | Candan Karlitekin (Director), Temel Kotil (Conselleiro Delegado) | |
Páxina web: https://www.thy.com/ |
THY - Turkish Airlines, Inc. (en turco Türk Hava Yolları Anonim Ortaklığı) (THY) é a aeroliña nacional de Turquía con base na cidade de Istambul. Opera unha rede de vós regulares a 140 cidades internacionais e 35 en Turquía, operando nun total de 155 aeroportos, en Europa, Asia, África e América. O principal aeroporto da compañía é o Aeroporto Internacional Atatürk (IST), e ten centros de operacións nos aeroportos de Esenboga (ESB), e no de Sabiha Gökçen (SAW).
Entre 2006 e 2008 a aeroliña transportou 61,7 millóns de pasaxeiros cuns ingresos totais de 9370 millóns de dólares.[1] Conta con 12000 empregados. Desde o 1 de abril de 2008 é membro da Star Alliance.
Dende o día 21 de maio de 2013 a aeroliña voa ao aeroporto de Santiago de Compostela. Trátase dunha conexión que se realiza tres días á semana entre a capital galega e a cidade de Istambul[2].
Frota
[editar | editar a fonte]A frota de Turkish Airlines constaba en 186 avións en novembro de 2012:[3][4]
Avión | En servizo | Ordes | Opcións | Butacas | Notas | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
F | C | Y+ | Y | Total | |||||
Airbus A319-100 | 14 | — | — | — | — | — | 124 | 124 | |
Airbus A320-200 | 27 | — | — | — | — | — | 159 | 159 | |
Airbus A321-200 | 59 | 10 | — | — | 10 | — | 176 | 186 | |
Airbus A330-200 | 27 | — | — | — | 22 | — | 228 | 250 | |
Airbus A330-300 | 20 | 15 | — | — | 28 | — | 261 | 281 | Novas entregas entre 2014 e 2016 |
Airbus A340-300 | 6 | — | — | — | 34 | — | 237 | 271 | TC-JDL nas cores de Star Alliance |
Boeing 737-400 | 3 | — | — | — | — | — | 150 | 150 | Serán substituídos polos B737 Next Generation |
Boeing 737-700 | 14 | — | — | — | — | — | 149 | 149 | |
Boeing 737-800 | 97 | 16 | — | — | — | 20 | 145 | 167 | TC-JFH e TC-JFI coa librea de Star Alliance TC-JGY coa librea do FC Barcelona TC-JFV coa librea do Manchester United |
Boeing 737-900ER | 14 | 6 | — | — | 16 | — | 135 | 151 | |
Boeing 777-300ER | 20 | 15 | — | — | 28 | 63 | 246 | 337 | Novas entregas entre 2014 - 2017 |
Frota de Turkish Airlines Cargo | |||||||||
Airbus A310-300F | 3 | 0 | 0 | Carga | |||||
Airbus A330-200F | 3 | 2 | 0 | Carga | |||||
Total | 304 | 64 | 0 |
- A media de idade da frota de Turkish é de 3,9 anos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ATW Daily News". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 09 de xaneiro de 2013.
- ↑ «Llega a Lavacolla el primer avión de Turkish Airlines que cubrirá la línea Estambul y Santiago» La Voz de Galicia (en castelán)
- ↑ Frota de Turkish Airlines
- ↑ THY Turkish Airlines. The Book 2010-2011 (en inglés) (Airfleets.net). p. 136.
- ↑ Idade da frota
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Turkish Airlines |
- Páxina oficial
- Anadolujet (Compañía Rexional de Baixo Custo de THY
- SunExpress
- Skylife
- Clases de viaxe de Turkish Airlines