Saltar ao contido

Trastorno depresivo maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trastorno depresivo maior
Clasificación e recursos externos
ICD-10F32, F33
ICD-9296.2, 296.3
OMIM608516
DiseasesDB3589
MedlinePlus003213
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O trastorno depresivo maior (MDD polas súas siglas en inglés) tamén coñecido como depresión clínica, depresión maior, depresión unipolar ou trastorno unipolar depresivo; ou como depresión recorrente no caso de presentarse repetidos episodios) é unha enfermidade mental que se caracteriza por un estado de ánimo invasivo e persistente acompañado dunha baixa autoestima e unha perda de interese ou de pracer (anhedonia) en actividades que normalmente se considerarían entretidas.[1] O termo “depresión” é empregado de moitas formas diferentes. É comunmente utilizado para referirse a esta síndrome, pero pode referirse, tanto a outros diversos estados de ánimo ou a un estado de ánimo en específico.[1] O trastorno depresivo maior é unha condición que afecta de maneira adversa aos familiares, compañeiros de traballo ou de estudo, ós hábitos de soño e alimentación e a saúde en xeral. Entre o 2 e o 7% dos adultos con depresión maior morren por suicidio,[2] e até un 60% das persoas que morren por suicidio teñen depresión ou outro trastorno do estado de ánimo.[3]

O diagnóstico do trastorno depresivo baséase nas experiencias do paciente, no comportamento reportado por amigos ou familiares e unha avaliación do estado mental. Non existe unha proba de laboratorio que diagnostique o trastorno de depresión maior; con todo, os médicos xeralmente solicitan probas que revelen condicións físicas que poidan provocar síntomas similares. Comunmente, as persoas que padecen deste trastorno comezan a mostrar síntomas entre os 20 e 30 anos, con maior presenza entre os 30 e os 40 anos.[4]

As persoas son tratadas con antidepresivos e, en moitos casos, reciben asistencia, particularmente terapia cognitiva condutual.[5] O tratamento por medio de medicamentos parece ser efectivo, porén, en ocasións o efecto vese reflectido unicamente en pacientes que padecen de depresión severa.[6][7] A hospitalización chega a ser necesaria en casos asociados con auto-neglixencia ou cando hai certo nivel de risco de dano a si mesmo ou a outras persoas. A terapia electroconvulsiva podería ser outra alternativa para tratar o trastorno depresivo maior. O desenvolvemento do trastorno varía amplamente, dende un episodio de semanas, até unha enfermidade crónica. Os individuos deprimidos teñen unha menor esperanza de vida que aqueles sen depresión, isto relaciónase de gran maneira coa susceptibilidad a padecer enfermidades médicas. Non está claro se a medicación afecta ó risco de cometer suicidio. Todo tipo de pacientes, tanto actuais como aqueles que padeceron a enfermidade nalgún punto, poden resultar estigmatizados.

  1. 1,0 1,1 "Depression". NIMH. maio de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  2. Richards, C. Steven; O'Hara, Michael W. (2014). The Oxford Handbook of Depression and Comorbidity (en inglés). Oxford University Press. p. 254. ISBN 9780199797042. 
  3. Lynch, Virginia A.; Duval, Janet Barber (2010). Forensic Nursing Science (en inglés). Elsevier Health Sciences. p. 453. ISBN 0323066380. 
  4. "Major Depressive Disorder". American Medical Network, Inc. 
  5. Driessen, Ellen; Hollon, Steven D. (2010).
  6. "Antidepressant drug effects and depression severity: a patient-level meta-analysis" 303 (1). PMC 3712503. PMID 20051569. doi:10.1001/jama.2009.1943. 
  7. "Initial severity and antidepressant benefits: a meta-analysis of data submitted to the Food and Drug Administration" 5 (2). PMC 2253608. PMID 18303940. doi:10.1371/journal.pmed.0050045.