Tor
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Tor | |
---|---|
Pantalla configuración Tor. | |
Desenvolvedor(es) | The Tor Project |
Última versión | 0.2.4.22 (16 de maio de 2014) |
Repositorio | gitlab |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Tipo | Comunicacións cifradas |
Licenza | BSD |
Sitio web | www |
Tor (The Onion Router)[1] é un software libre que permite a comunicación anónima a través de Internet. Orixinalmente desenvolvido pola US Naval Research Laboratory, Tor converteuse nun proxecto da Electronic Frontier Foundation (EFF) a fins de 2004 e ata novembro de 2005. Actualmente desevólveo The Tor Project, unha asociación sen fins de lucro.
Tor achega unha canle de comunicación anónima que está deseñada para ser resistente aos ataques das análises de tráfico, polo que con Tor se pode facer unha conexión a un equipo informático sen que este ou calquera outro teña posibilidade de coñecer o número de IP de orixe da conexión, xa que os datos non transitan directamente do cliente ao servidor, senón que pasan por un servidor Tor que actúa como un router construíndo un circuíto virtual criptográfico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jordi Domingo-Pascual; Yuval Shavitt; Steve Uhlig (14 de xuño de 2011). Traffic Monitoring and Analysis: Third International Workshop, TMA 2011, Vienna, Austria, April 27, 2011, Proceedings. Springer. pp. 113–. ISBN 978-3-642-20304-6. Consultado o 6 de agosto de 2012.