Tiroperoxidase
ioduro peroxidase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Monómero da ioduro peroxidase de Zobellia galactanivorans | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Número EC | 1.11.1.8 | ||||||||
Número CAS | 9031-28-1 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
peroxidase da tiroide
| |
Identificadores | |
Símbolo | TPO |
Entrez | 7173 |
HUGO | 12015 |
OMIM | |
RefSeq | NM_175722 |
UniProt | P07202 |
Outros datos | |
Número EC | 1.11.1.8 |
Locus | Cr. 2 {{{Brazo}}}{{{Banda}}}pter-p24 |
A tiroperoxidase (TPO), tamén chamada peroxidase da tiroide ou ioduro peroxidase, é un encima que se expresa principalmente na tiroide, onde se segrega no coloide da tiroide. A tiroperoxidase oxida ións ioduro para formar átomos de iodo para a súa adición a residuos do aminoácido tirosina da tiroglobulina para a produción das hormonas tiroides tiroxina (T4) e triiodotironina (T3).[1] En humanos, a tiroperoxidase está codificada no xene TPO do cromosoma 2.[2]
Reacción catalizada
[editar | editar a fonte]O ioduro oxídase a radical iodo, o cal reacciona inmediatamente coa tirosina, formando unha molécula de 3-iodotirosina (ou 3-iod-L-tirosina).
O segundo átomo de iodo engádese de maneira similar ao intermediario da reacción 3-iodotirosina.
Función
[editar | editar a fonte]O iodo inorgánico entra no corpo principalmene como ioduro, I−. Despois de entrar na célula folicular tiroide do folículo tiroide, por medio do simportador de Na+/I− (NIS) do seu lado basolateral, o ioduro é trasladado a través da membrana apical da célula ao coloide da tiroide por medio da pendrina, despois do cal a tiroperoxidase oxida o ioduro a iodo atómico (I) ou iodinio (I+). A "organificación do iodo," a incorporación do iodo na tiroglobulina para a produción de hormonas tiroides, é non específico; é dicir, non hai un intermediario unido á tiroperoxidase, senón que a iodación ocorre por medio de especies reactivas do iodo liberadas da tiroperoxidase (TPO).[4] As reaccións químicas catalizadas pola tiroperoxidase ocorren na superficie externa da membrana apical e están mediadas polo peróxido de hidróxeno.
Estimulación e inhibición
[editar | editar a fonte]A tiroperoxidase é estimulada pola hormona estimulante da tiroide (TSH), que regula á alza a expresión xénica.
A tiroperoxidase é inhibida por fármacos tioamidas, como o propiltiouracilo e o metimazol.[5] En ratas de laboratorio cunha captación insuficiente de iodo, a xenisteína demostrou que inhibe a tiroperoxidase.[6]
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]A tiroperoxidase é un epítopo frecuente de autoanticorpos en enfermidades autoinmunes tiroides, e ditos anticorpos denomínanse anticorpos anti-TPO. Isto está xeralmente asociado coa tiroidite de Hashimoto. Así, pode utilizarse o título de anticorpos para avaliar a actividade da doenza en pacientes que desenvolveron tales anticorpos.[7][8]
Uso diagnóstico
[editar | editar a fonte]En inmunohistoquímica diagnóstica a expresión da tiroperoxidase pérdese no carcinoma de tiroide papilar.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ruf J, Carayon P (xaneiro de 2006). "Structural and functional aspects of thyroid peroxidase". Archives of Biochemistry and Biophysics 445 (2): 269–77. PMID 16098474. doi:10.1016/j.abb.2005.06.023.
- ↑ Kimura S, Kotani T, McBride OW, Umeki K, Hirai K, Nakayama T, Ohtaki S (agosto de 1987). "Human thyroid peroxidase: complete cDNA and protein sequence, chromosome mapping, and identification of two alternately spliced mRNAs". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 84 (16): 5555–9. Bibcode:1987PNAS...84.5555K. PMC 298901. PMID 3475693. doi:10.1073/pnas.84.16.5555.
- ↑ Walter F., PhD. Boron (2003). Medical Physiology: A Cellular And Molecular Approaoch. Elsevier/Saunders. p. 1300. ISBN 1-4160-2328-3.
- ↑ Kessler J, Obinger C, Eales G (xullo de 2008). "Factors influencing the study of peroxidase-generated iodine species and implications for thyroglobulin synthesis". Thyroid 18 (7): 769–74. PMID 18631006. doi:10.1089/thy.2007.0310.
- ↑ Nagasaka A, Hidaka H (xullo 1976). "Effect of antithyroid agents 6-propyl-2-thiouracil and 1-methyl-2-mercaptoimidazole on human thyroid iodine peroxidase". The Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 43 (1): 152–8. PMID 947933. doi:10.1210/jcem-43-1-152.
- ↑ Doerge DR, Sheehan DM (xaneiro de 2002). "Goitrogenic and estrogenic activity of soy isoflavones". Environmental Health Perspectives. 110 Suppl 3 (Suppl 3): 349–53. PMC 1241182. PMID 12060828. doi:10.1289/ehp.02110s3349.
- ↑ McLachlan SM, Rapoport B (2000). "Autoimmune response to the thyroid in humans: thyroid peroxidase--the common autoantigenic denominator". International Reviews of Immunology 19 (6): 587–618. PMID 11129117. doi:10.3109/08830180009088514.
- ↑ Chardès T, Chapal N, Bresson D, Bès C, Giudicelli V, Lefranc MP, Péraldi-Roux S (xuño de 2002). "The human anti-thyroid peroxidase autoantibody repertoire in Graves' and Hashimoto's autoimmune thyroid diseases". Immunogenetics 54 (3): 141–57. PMID 12073143. doi:10.1007/s00251-002-0453-9.
- ↑ Tanaka T, Umeki K, Yamamoto I, Sugiyama S, Noguchi S, Ohtaki S (maio 1996). "Immunohistochemical loss of thyroid peroxidase in papillary thyroid carcinoma: strong suppression of peroxidase gene expression". The Journal of Pathology 179 (1): 89–94. PMID 8691351. doi:10.1002/(SICI)1096-9896(199605)179:1<89::AID-PATH546>3.0.CO;2-R.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Thyroid Peroxidase Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.