Tenet (filme)
Tenet | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tenet |
Director | Christopher Nolan |
Produtor |
|
Guión | Christopher Nolan |
Intérpretes | |
Música | Ludwig Göransson |
Fotografía | Hoyte van Hoytema |
Montaxe | Jennifer Lame |
Estudio | |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 26 de agosto de 2020 3 de setembro de 2020 |
Duración | 150 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido[2] Estados Unidos[2] |
Xénero | Suspense e acción |
Orzamento | 200 millóns de dólares[3] |
Recadación | 363,1 millóns de dólares[4][5] |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/tenet | |
|
Tenet é un filme británico-estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Christopher Nolan, que el mesmo produciu xunto con Emma Thomas. Está protagonizado por John David Washington, Robert Pattinson, Elizabeth Debicki, Dimple Kapadia, Michael Caine e Kenneth Branagh. O filme conta a historia dun axente secreto que aprende como manipular o fluxo do tempo para previr un ataque do futuro que ameaza con aniquilar o mundo presente.
Nolan dedicou máis de cinco anos a escribir o guión despois de cavilar sobre as ideas centrais de Tenet durante máis dunha década. A preprodución comezou a finais de 2018, co proceso de selección de elenco realizada en 2019. A fotografía principal durou seis meses dende maio até novembro, en Dinamarca, Estonia, a India, Italia, Noruega, o Reino Unido e os Estados Unidos. O fotógrafo Hoyte van Hoytema rodou en 70 mm e IMAX. As escenas de manipulación do tempo foron rodadas tanto cara a adienta como cara a atrás. Usáronse máis de cen buques e miles de extras.
A estrea foi posposta tres veces por mor da pandemia de COVID-19, mais finalmente estreouse no Reino Unido o 26 de agosto de 2020, e nos Estados Unidos o 3 de setemro de 2020 en IMAX, 35 mm e 70 mm. Foi un dos primeiros filmes de Hollywood en estrearse masivamente nos cinemas despois do confinamento da pandemia, e recadou 363 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no quinto filme con maior recadación de 2020. Porén, a recadación foi considerada un fracaso debido ó seu elevado orzamento de produción e comercialización e á escasa distribución nos cinemas durante a pandemia. O filme recibiu valoracións positivas, con eloxios ás secuencias de acción, efectos visuais, banda sonora, fotografía e interpretacións, mentres que a historia e a edición de son recibiron peores críticas. O filme recibiu dous nomeamentos ós Premios Óscar, ó mellor deseño de produción e mellores efectos visuais na 93ª edición dos premios.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- John David Washington como o protagonista, un axente da CIA
- Robert Pattinson como Neil
- Elizabeth Debicki como Katherine "Kat" Barton
- Dimple Kapadia como Priya Singh
- Martin Donovan como Fay
- Fiona Dourif como Wheeler
- Yuri Kolokolnikov como Volkov
- Himesh Patel como Mahir
- Clémence Poésy como Barbara
- Aaron Taylor-Johnson como Ives
- Michael Caine como Sir Michael Crosby
- Kenneth Branagh como Andrei Sator
- Denzil Smith como Sanjay Singh
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tenet". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Tenet". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020.
- ↑ Rubin, Rebecca (30 de agosto de 2020). "Box Office: Christopher Nolan's 'Tenet' Enjoys Surprisingly Strong Debut Overseas". Variety. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2020. Consultado o 30 de agosto de 2020.
- ↑ "Tenet". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Tenet". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mottram, James (2020). The Secrets of Tenet: Inside Christopher Nolan's Quantum Cold War. Insight Editions. ISBN 978-1-64722-060-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tenet na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 2020
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Christopher Nolan
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes rodados nos Estados Unidos de América
- Filmes rodados no Reino Unido
- Filmes rodados en Noruega
- Filmes rodados en Bombai
- Filmes rodados en Italia
- Filmes rodados en Estonia
- Filmes rodados en Dinamarca
- Filmes ambientados en Vietnam
- Filmes ambientados en Italia
- Filmes ambientados en Rusia
- Filmes ambientados en Bombai
- Filmes ambientados en Londres
- Filmes adiados por mor da pandemia de COVID-19
- Filmes sobre o tempo
- Filmes sobre terrorismo
- Filmes sobre tecnoloxía
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX