Taboadelo, Ponte Caldelas
Taboadelo | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Taboadelo. | |
Concello | Ponte Caldelas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°22′45″N 8°32′58″O / 42.37916667, -8.54944444 |
Área | 4,74 km² |
Poboación | 186 hab. (2022) |
Densidade | 39,24 hab./km² |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 186 habitantes (104 homes e 82 mulleres). Ten dúas entidades de poboación.
Historia
[editar | editar a fonte]No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciónase que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes". Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro)[Cómpre referencia].
Festas
[editar | editar a fonte]Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Taboadelo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Taboadelo no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Ponte Caldelas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.