Saltar ao contido

Surfer Rosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Surfer Rosa
Álbum de Pixies
Publicado21 de marzo de 1988
Gravacióndecembro de 1987
Estudio(s)Q-Division en Boston, Massachusetts
Duración32:50
Xénero(s)rock alternativo, indie rock
Selo(s)4AD
ProdutorSteve Albini
Cronoloxía
Come On Pilgrim
(1987)
Surfer Rosa Doolittle
(1989)
Na rede
Spotify: 2fv7PQkt5BZqwGx21wiSc1 Last fm: Pixies/Surfer+Rosa Discogs: 16731 Allmusic: mw0000196022 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Surfer Rosa é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Pixies, editado o 21 de marzo de 1988 a través do selo británico 4AD. O álbum destaca polas referencias pouco habituais a temas como a mutilación ou o voyeurismo, pola produción lo-fi, e polo son único da batería, que debe moito ao enxeñeiro de son e produtor do disco Steve Albini.

Como 4AD era unha discográfica independente, a distribución nos Estados Unidos foi realizada pola etiqueta británica Rough Trade Records; con todo, o disco non chegou a entrar nas listas dos dous países. Só se lanzou un sinxelo do álbum, unha versión regravada de "Gigantic", que alcanzou o número 93 da lista británica.[1] Surfer Rosa foi reeditado nos Estados Unidos por Elektra Records en 1992, e en 2005 foi certificado ouro pola Recording Industry Association of America.[2]

Surfer Rosa adoita incluírse nas listas da crítica dos mellores discos de rock. Artistas de rock alternativo como Billy Corgan e PJ Harvey citárono como unha inspiración;[3] foi unha influencia no álbum de Nirvana de 1993 In Utero, que tamén produciu Albini.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Black Francis agás Gigantic, escrito por Black Francis e Kim Deal.

N.º Título Duración
1. "Bone Machine"   3:02
2. "Break My Body"   2:04
3. "Something Against You"   1:47
4. "Broken Face"   1:29
5. "Gigantic"   3:54
6. "River Euphrates"   2:31
7. "Where Is My Mind?"   3:53
8. "Cactus"   2:15
9. "Tony's Theme"   1:51
10. "Oh My Golly!"   2:32
11. "Vamos"   4:21
12. "I'm Amazed"   1:41
13. "Brick Is Red"   2:00
33:21
  1. "Gigantic". Official Charts (en inglés). 1988-09-03. Consultado o 2024-10-26. 
  2. "Gold & Platinum - Surfer Rosa". RIAA (en inglés). Consultado o 2024-10-26. 
  3. "Pixies on the making of Surfer Rosa". Long Live Vinyl (en inglés). 2019-03-25. Consultado o 2024-10-26.