Sublimación (psicoloxía)
A sublimación, en psicanálise é un termo descrito por Sigmund Freud como un dos destinos posibles da pulsión. Trátase dun proceso psíquico mediante o cal áreas da actividade humana que aparentemente no gardan relación coa sexualidade convértense en depositarias de enerxía libidinal (pulsional).[1] O proceso consiste nun desvío cara a un novo fin. Entre os exemplos de Freud como novos destinos da pulsión sexual está o artístico e o intelectual: Sublimar consistiría en mudar o fin pulsional cara a unha actividade desexualizada, intentando a súa realización, por exemplo mediante tarefas creativas ou de prestixio social: arte, relixión, ciencia, política, tecnoloxía.[2]
Neste anaco de 'A moral sexual "cultural" e a nerviosidade moderna' de Freud dáse unha definición de sublimación:
A pulsión sexual -mellor dito: as pulsións sexuais, pois unha indagación analítica ensina que está composta por moitas pulsións parciais- é probablemente de máis vigorosa plasmación no home que na maioría dos animais superiores; en todo caso é máis continua, posto que superou case por completo a periodicidade a que está ligada nos animais. Pon a disposición do traballo cultural uns volumes de forza enormemente grandes, e isto sen ningunha dúbida débese á peculiaridade, que ela presenta con particular relevo, de poder desprazar a súa meta sen sufrir menoscabo esencial en canto a intensidade. A esta facultade de permutar a meta sexual orixinaria por outra, xa non sexual, pero psiquicamente emparentada con ela, chámaselle a facultade para a sublimación.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Laplanche, Jean & Pontalis, Jean-Bertrand (1996). Diccionario de psicoanálisis. Tradución Fernando Gimeno Cervantes. Barcelona: Editorial Paidós. p. 415. ISBN 84-493-0255-2/ ISBN 84-493-0256-0.
- ↑ Wade, Carol and Carol Travis, Psychology, Sixth Edition (Prentice Hall, 2000) 478. ISBN 0-321-04931-4
- ↑ Freud, Sigmund (1908). "A moral sexual 'cultural' e a nerviosidade moderna". Ensaios sobre a sexualidade. Globus. ISBN 8482233475.