Southampton
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Inglaterra | ||||
Rexións | Sudeste de Inglaterra - South East England | ||||
Condado cerimonial | Hampshire | ||||
Área | City of Southampton (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 271.173 (2016) (5.268,56 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 51,47 km² | ||||
Bañado por | River Itchen (en) , River Test (en) e Southampton Water (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | SO | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 023 | ||||
Código NUTS | UKJ32 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | southampton.gov.uk | ||||
Southampton é a maior cidade portuaria da costa sur da Inglaterra. É a cidade máis próxima a New Forest e está entre Portsmouth e Bournemouth. Era unha localidade pertencente a Hampshire que pasou á condición de cidade na reorganización do goberno local do 1 de abril de 1997. Isto fixo a Southampton unha unidade administrativa, que engloba algúns distritos como Eastleigh, Portswood, Bitterne, Woolston e Millbrook.
Foi unha das moitas cidades británicas severamente bombardeadas durante a segunda guerra mundial. Por esta razón, varios monumentos históricos foron destruídos, pero aínda existe a antiga muralla da cidade, así como tamén a porta de Bargate, a maior entrada á cidade antiga no extremo norte da muralla. Southampton ten a segunda muralla da Idade Media máis longa que aínda se conserva de Inglaterra. A porta de Bargate é habitualmente usada como símbolo da cidade, sendo a súa imaxe o logotipo do goberno municipal. A parte central da cidade ten moitos grandes parques.
Na cidade están as sedes da Universidade de Southampton, da Universidade Solent Southampton e do centro comercial West Quay. Tamén aquí se atopa a Axencia Nacional de Mapeamento. O xornal local é o Daily Echo.
Southampton está identificada coa historia e o desenvolvemento marítimos, sendo o seu porto lugar habitual de saída de moitos cruceiros, como sucedeu co Titanic. Tamén é un porto de carga moi importante a nivel nacional.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]- Le Havre, Francia (desde 1973) [1][2]
- Rems-Murr-Kreis, Alemaña (desde 1991) [2]
- Kalisz, Polonia [3]
- Hampton, Estados Unidos
- Qingdao, China (desde 1998) [2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Le Havre Website - Twin Towns". Ovidio Limited. Consultado o 2008-11-29.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Linked cities". Southampton City Council. 3 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2009. Consultado o 7 de xaneiro de 2009.
- ↑ "Kalisz - the oldest town in Poland!". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2010. Consultado o 7 de xaneiro de 2009.