Soiuz TMA-11
Aparencia
Soiuz TMA-11 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 10 de outubro de 2007, 13:22 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 196,80 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 19 de abril de 2008[1][5] |
NSSDC ID | 2007-045A |
Masa | 7200 kg[5] |
Soiuz TMA-11 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 10 de outubro de 2007 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TMA-11 foi lanzada cos cosmonautas Iuri Malenchenko, Sheikh Muszaphar Shukor e Peggy Whitson a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse ao módulo Zaria para unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-120, STS-122 e STS-123 e dos cargueiros Progress M-61, Progress M-62 e Progress M-63. A nave regresou con Malenchenko, Whitson e Yi Soyeon a bordo (Shukor regresaría na Soiuz TMA-10) o 19 de abril de 2008.[2][3][4]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-11 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 11" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 11" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 10 December 2007 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (08-53480 (E)). 9 de maio de 2008: 2. Consultado o 4 de xullo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 1 - 22 (7K-STMA, 11F732A17)" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-11" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2021.