Simon Harris
Simon Harris, nado en Dublín o 17 de outubro de 1986, é un político irlandés que exerce como 16º Taoiseach desde 2024. Tamén é o líder do Fine Gael desde 2024. Con 37 anos, é a persoa máis nova en converterse en Primeiro ministro de Irlanda.[1]
Antes de converterse en Taoiseach, foi ministro do Goberno de Irlanda de 2016 até 2024. Foi Ministro de Educación Superior e Superior, Investigación, Innovación e Ciencia desde 2020 até a súa elección como líder de Fine Gael.
É Teachta Dála (TD) pola circunscrición de Wicklow desde 2011. Harris foi ministro de Estado de 2014 a 2016.[2] [3] [4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Harris naceu en Greystones, condado de Wicklow, en 1986, fillo de Bart e Mary Harris.[5][6][7]
Harris estudou na escola secundaria St. David's Holy Faith, en Greystones. Involucrouse por primeira vez na política local cando tiña quince anos cando creou a North Wicklow Triple A Alliance para axudar ás familias de nenos con trastornos do espectro autista e trastorno por déficit de atención.[8]
Harris foi membro do partido Fianna Fáil[9] mais logo uniuse ao Fine Gael.[10]
Estudou Xornalismo e Francés no Instituto Tecnolóxico de Dublín, pero abandonou no primeiro ano. [11]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Harris foi elixido membro do Dáil Éireann en 2011, ocupando o terceiro escano na circunscrición de Wicklow.[12] Como o deputado máis novo do 31 Dáil Éireann, foi seleccionado por Fine Gael para nomear a Enda Kenny para Taoiseach.[13]
Harris presentouse sen éxito como candidato de Fine Gael na circunscrición electoral do Sur nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.[14]
Harris foi promovido ao cargo de Ministro de Estado no Departamento de Finanzas en 2014. En maio de 2016, Harris foi nomeado ministro de Sanidade.[15]
Na formación do goberno de coalición en xuño de 2020, Harris foi nomeado ministro de Educación Superior, Investigación, Innovación e Ciencia.[16] De 2022 a 2023 foi ministro de Xustiza.
Líder do Fine Gael
[editar | editar a fonte]En marzo de 2024, Leo Varadkar dimitiu como líder do Fine Gael, o que provocou unhas eleccións primarias de liderado. Varadkar dixo que tamén dimitiría como Taoiseach após a elección do novo líder do Fine Gael.
Máis da metade do partido parlamentario Fine Gael anunciara o seu apoio a Harris para ser o próximo líder e todos os demais ministros do gabinete excluíronse do concurso. Harris confirmou o seu plan de presentarse como líder o 21 de marzo de 2024.[17] Como único candidato, foi confirmado como líder na reunión do partido en Athlone o mesmo día.[18][19]
Taoiseach
[editar | editar a fonte]Harris converteuse no 16º Taoiseach o 9 de abril de 2024.[20] Recibiu o seu nomeamento como Taoiseach polo presidente de Irlanda, Michael D. Higgins, pouco despois como o máis novo da historia do Estado.[21]
Unha das primeiras decisións do seu goberno foi o recoñecemento dun estado palestino o 28 de maio de 2024.[22] En outubro do mesmo ano, Simon Harris anunciou que a República de Irlanda non esperaría á resolución da Unión Europea para cesar a venda de produtos a Israel debido ás preocupacións pola falta de respecto aos Dereitos Humanos.[23]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En 2017 casou con Caoimhe Wade, unha enfermeira.[24] Teñen unha filla e un fillo.[25] Harris ten a enfermidade de Crohn,[26] pero dixo que ten pouco impacto no seu día a día.[27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Simon Harris set to become Ireland's youngest prime minister after party election". France 24 (en inglés). 2024-03-24. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Simon Harris". oireachtas.ie.
- ↑ irishtimesnealon0000unse_l8p1. Archive.org. p. 185. ISBN 9780717150595.
- ↑ "ElectionsIreland.org: Simon Harris". electionsireland.org. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Siblings celebrate in style". Irish Independent (en inglés). 2007-10-24. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Harris celebrates his 30th birthday". Irish Independent (en inglés). 2016-10-21. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Simon Harris as Minister for Health: the challenge awaits". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "The Icarus minister: How Simon Harris flew too high too soon". Irish Independent (en inglés). 2017-02-25. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "From Fianna Fáil canvassing to teenage days in the Dáil – seven things you didn’t know about Simon Harris". www.independent.ie (en inglés). 2024-03-21. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ Loughlin, Elaine (2024-04-09). "A man who talks fast and walks at speed: Who is Simon Harris?". Irish Examiner (en inglés). Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Simon Harris as Minister for Health: the challenge awaits". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Meet your 76 new TDs" (en inglés). 2011-03-09.
- ↑ Oireachtas, Houses of the (2011-03-09). "Nomination of Taoiseach – Dáil Éireann (31st Dáil) – Wednesday, 9 Mar 2011 – Houses of the Oireachtas". www.oireachtas.ie (en inglés). Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "ElectionsIreland.org: Simon Harris". electionsireland.org. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Frances Fitzgerald is Tánaiste in new Cabinet" (en inglés). 2016-05-06.
- ↑ "Ninth Level Ireland". Ninth Level Ireland (en inglés). 2024-10-19. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Harris confirms FG leadership bid as others opt out" (en inglés). 2024-03-21.
- ↑ "Simon Harris rules out early general election, saying he wants Coalition to run its full term". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2024-10-20.
- ↑ Murphy, Paul Hosford and Greg (2024-03-24). "Simon Harris commits to 'renewal' of party in first speech as Fine Gael leader". Irish Examiner (en inglés). Consultado o 2024-10-20.
- ↑ Meskill, Tommy (2024-03-25). "Decisions on Cabinet reshuffle 'for another day' - Harris" (en inglés).
- ↑ Reid, Jenni (2024-04-09). "Simon Harris becomes youngest-ever Irish prime minister, pledges 'reset'". CNBC (en inglés). Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Irish PM Simon Harris formally recognises a Palestinian state". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Ireland 'won't wait' for EU to suspend bilateral trade with Israel: PM". euronews (en inglés). 2024-10-16. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ "Minister for Health marries cardiac nurse" (en inglés). 2017-07-21.
- ↑ "Simon-Harris'-irish-name-newborn" (en inglés).
- ↑ "Crohn's sufferer Simon Harris hails camera that can be swallowed". Irish Independent (en inglés). 2016-09-20. Consultado o 2024-10-20.
- ↑ Murphy, Gary (2024-03-24). "Who is Simon Harris? Inside the world of boy wonder turned taoiseach-elect". www.thetimes.com (en inglés). Consultado o 2024-10-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simon Harris |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |