Savona
Savona (it) Sann-a (lij) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Liguria | ||||
Provincias | Provincia de Savona | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 58.194 (2023) (890,91 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 65,32 km² | ||||
Altitude | 4 m | ||||
Comparte fronteira con | Albissola Marina (pt) Cairo Montenotte (pt) Quiliano (pt) Altare (pt) Albisola Superiore (pt) Vado Ligure (pt) | ||||
Santo padrón | Nossa Senhora da Misericórdia (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17100 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 019 | ||||
Identificador ISTAT | 009056 | ||||
Código catastral italiano | I480 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.savona.it | ||||
Savona (Sann-a en lingua lígur, dialecto savonés, pronunciado "Sanha" con n nasal velar) é unha cidade de Italia, capital da provincia homónima na rexión da Liguria.
Xeografía e Turismo
[editar | editar a fonte]Cos seus 61.946 habitantes (2007), foi sempre un porto importante da rexión e é hoxe central de chegada de numerosos cruceiros.
Atópase a 45 km. da capital da rexión, Xénova e ten conexión directa por ferrocarril e estrada (A6 Savona-Torino) con Turín.
Pola súa importancia de tráfico de mercancías e como central de cruceiros, é o segundo porto da Liguria despois de Xénova e figura entre os primeiros de Italia e do Mediterráneo.
É a saída ó mar dunha parte da industria das rexións do Piemonte e da Lombardía e ten unha importante actividade ferroviaria debido ás vías que a atravesan, que se dirixen ata o próximo territorio francés.
Esténdese por unha área de 65 km2, tendo unha densidade de poboación de 953 hab/km2. Fai fronteira con Albissola Marina, Albisola Superiore, Altare, Cairo Montenotte, Quiliano e Vado Ligure, na mesma provincia.
Entre os seus monumentos están a famosa Torretta León Pancaldo, o Cû de Bêu (a vella dársena), a Fortaleza do Priamar, a Catedral e a Capela Sistina, o Prolungamento, a Campanassa (torres medievais) e a Madonnetta.
Historia
[editar | editar a fonte]Antigo centro dos Lígures Sabacios, a cidade lígur foi aliada de Cartago na segunda guerra púnica contra Roma, entón aliada de Xénova.
Roma someteu finalmente Savona sobre o 180 a.C. e deulle o nome de Savo Oppidum Alpinum.
En épocas romanas Savona suplantou desde fins do segundo século a.C. o rol de Xénova como porto principal da Liguria.
A Savona atribúese a invención do xabón sólido, de feito é interesante notar a relación entre o nome desta cidade e a palabra francesa "savon" (xabón).
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Savona está irmandada con:
Imaxes
[editar | editar a fonte]-
A Torre León Pancaldo, no porto de Savona
-
Savona vista desde a Madonna del Monte.
-
Praza A. Saffi e a Prefectura.
-
Santuario Nostra Signora della Misericordia
-
O novo barrio situado na zona turística do porto
-
A Fortaleza do Priamar, edificada no 1542
-
Parte da Fortaleza do Priamar
-
A Fortaleza do Priamar e panorama do porto
-
A Fortaleza do Priamar, interior
-
A impoñente estrutura da Fortaleza do Priamar
-
Ingreso á Fortaleza
-
Cattedrale dell'Assunta de Savona
-
As torres medievais de Savona
-
A casa que foi de Domenico Colombo (pai de Cristóbal Colón), en Valcada, nas alturas de Légino.