San Mateu (Michelangelo)
San Mateu, é unha obra escultórica en mármore de 2,61 metros de altura, que realizada por Michelangelo a deixou inacabada e se atopa na Galleria dell'Accademia en Florencia.
O 24 de abril de 1503 asinou o contrato o escultor co Gremio da La, onde se comprometía a realizar doce imaxes dos apóstolos para Santa María del Fiore. Só empezou a de san Mateu, xa que cando Giuliano della Rovere foi escollido papa co nome de Xulio II, chamouno a Roma para encargarlle a realización do seu sepulcro, este encargo fíxoo abandonar o proxecto de Florencia, o contrato do cal, foi anulado o 18 de decembro de 1505.
A escultura de San Mateu inacabada, parécese á dos escravos, que máis tarde, realizou o escultor para a tumba de Xulio II, semella a figura xurdir da pedra, cargada cunha grande emoción que na época de Michelangelo, describían como de terribilitá.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baldini, Umberto (1978). Miguel Ángel: La Escultura. Editorial Teide. ISBN 84-307-8163-3 (en castelán).
- Hodson, Rupert (2000). Miguel Ángel, escultor. Florencia, Gruppo Editoriale Faenza Editrice. ISBN 88-8138-044-7 (en castelán).