Sabela, nai de Xoán Bautista
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I a. C. Hebrom (Reino herodiano) |
Morte | século I |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 5 de novembro |
Familia | |
Familia | Aharón e levita |
Cónxuxe | Zacarías |
Fillos | Yahya ibn Zakaryia, Xoán o Bautista |
Parentes | Santa María, valor descoñecido Xesús de Nazaret, valor descoñecido |
Cronoloxía | |
Visitación | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron A Cyclopaedia of Female Biography |
Sabela[1][2] (en grego Ἐλισάβετ e en hebreo אֱלִישֶׁבַע / אֱלִישָׁבַע) foi a nai de Xoán Bautista. Ademais era descendente de Aharón, parente de María e esposa de Zacarías, de acordo co Evanxeo de Lucas.
Narración bíblica
[editar | editar a fonte]Deus enviou o arcanxo Gabriel a Nazaret, en Galilea, para comunicarlle a María, parente de Sabela, que concibiría polo Espírito Santo un fillo, que se chamaría Xesús. O arcanxo informoulle tamén de que a seu parente Sabela comezara o seu sexto mes de embarazo. María viaxou a un monte de Hebrón, en Xudea, para visitar a Sabela (Lucas 1:26-40).
Esta visita da Virxe María á seu parente Sabela constitúe o misterio da Visitación á Virxe María (Lucas 1:39-56). María loa a Deus cunha oración chamada Magnificat.
Tradición
[editar | editar a fonte]Segundo a tradición, Sabela é filla dunha muller chamada Sobe, filla de Eliud, da tribo de Levi e de Emerenciana. Esta, ao quedar viúva casa con Matán (Mt. 1,15), natural de Belén e dedícanse á crianza de ovellas. Foron os pais de Ana, a nai de María e a avoa materna de Xesús.
Apócrifos
[editar | editar a fonte]Moitos evanxeos apócrifos mencionan a Sabela. O máis famoso é o Evanxeo de Santiago, que menciona que o seu esposo, Zacarías, foi asasinado.
Santidade
[editar | editar a fonte]Sabela é venerada como santa pola Igrexa católica o 5 de novembro. Na Igrexa ortodoxa e na Igrexa Anglicana éo o 5 de setembro, o mesmo día que Zacarías. Sabela está considerada como matriarca no santoral (5 de novembro) da Igrexa Luterana Sínodo de Missouri e Zacarías é considerado un profeta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sabela, nai de Xoán Bautista |