STS-102
STS-102 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-102 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 8 de marzo de 2001, 11:42 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 12,83 días[6] |
Obxectivo da misión | Montaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 21 de marzo de 2001[6] |
Sitio de regreso | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida[6] |
NSSDC ID | 2001-010A |
STS-102 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 8 de marzo de 2001 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-102, con catro astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante James Wetherbee, o piloto James Kelly e os especialistas de misión Andrew S. W. Thomas e Paul W. Richards. O Discovery acoplouse coa estación o 9 de marzo ás 5:34 UT co obxectivo principal de levar subministracións no módulo multipropósito italiano (MPLM polas súas siglas en inglés, MultiPurpose Logistics Module) Leonardo e traer de volta lixo e equipos averiados ou sen utilidade. O MPLM, un cilindro de 6,4 x 4,6 m aloxado na bodega de carga do Discovery e derivado dos módulos Spacelab, levaba dentro equipamento para facer experimentos. A tripulación fixo algúns paseos espaciais para instalar a plataforma que soportaría o brazo robótico Canadarm 2, que sería levado na misión STS-100.[3][5][6][7]
O Discovery aterrou no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 21 de marzo de 2001.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 102" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 31 May 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-85047(E)). 21 de xuño de 2001: 5. Consultado o 24 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 102" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2017.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-102 / ISS-5A.1" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-102" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2017.
- ↑ NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-102" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 26 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-102 |