São Miguel das Missões
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Río Grande do Sur | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.056 (2022) (5,74 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.229,844 km² | ||||
Altitude | 305 m | ||||
Comparte fronteira con | Vitória das Missões (pt) Eugénio de Castro (pt) Jóia (pt) São Luiz Gonzaga (pt) Entre-Ijuís (pt) Bossoroca (pt) Capão do Cipó (pt) Tupanciretã (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 98865-000 | ||||
Prefixo telefónico | 55 | ||||
Código de concello do Brasil | 4319158 | ||||
Sitio web | saomiguel-rs.com.br |
São Miguel das Missões é un concello brasileiro do estado de Rio Grande do Sul. No ano 2003 tiña uns 7.263 habitantes. Ocupa unha superficie de 1.229,8 km².
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na cidade se atopan as ruínas xesuíticas de "San Miguel arcanxo" (São Miguel Arcanjo), declaradas dende 1983 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É unha das varias misións que existen en territorio brasileiro, arxentino e paraguaio, fundadas polos xesuítas durante o século XVIII como parte dun plano que tiña o obxectivo de converter aos indios guaranís ao cristianismo e protexelos dos comerciantes de escravos que azoutaban a rexión[Cómpre referencia].
A redución foi construída entre os anos 1735 e 1745, pero malia aos esforzos dos xesuítas, o comercio de escravos por parte dos imperios español e portugués remataron conquistando a misión. As actuais ruínas atópanse protexidas pola UNESCO. Pódese visitar a antiga igrexa, a cruz misioneira, o museo das misións, a sancristía, o cemiterio, a praza da redución e ofrécese un espectáculo de luz e son tódalas noites.
A catedral da veciña cidade de Santo Ângelo foi construída despois da redución.
As ruínas foron escenario en 1986 para gravar parte da película A misión, protagonizada por Robert De Niro e Jeremy Irons.
-
Fachada do templo da misión xesuítica.
-
San Antón de Padua, realizado en tempos xesuíticos.
-
Campá da antiga redución.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: São Miguel das Missões |