Requena
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.387 (2023) (25,04 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 814,2 km² | ||||
Altitude | 692 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Nicolao de Mira | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Rocío Cortés (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46340 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46213 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46213 | ||||
Sitio web | requena.es | ||||
Requena é un concello da Comunidade Valenciana, situado no interior da provincia de Valencia, na comarca de Requena-Utiel. En 2010 tiña unha poboación de 21.448 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada entre a meseta castelán-manchega e o Mediterráneo do que tan só a separan 67 km. É un territorio formado por unha meseta de invernos fríos e veráns calorosos, de bos recursos hidráulicos e de grandes belezas e contrastes. Atópase situada na zona máis occidental da provincia de Valencia, onde o río Cabriel limítaa polo oeste e sur con profundas gargantas; polo leste e norte, a Serra de Juan Navarro e o Pico do Tezo (1.250 m.) sepárana das serranías do Turia.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros restos arqueolóxicos que indican os primeiros indicios de poboación e orixe da cidade datan do século VII aC. Tamén existen restos da época romana.
A cidade entrou a formar parte dos reinos musulmáns sendo coñecida como Rakka'na, cuxo significado é "A forte". Do ano 1021 en diante convértese na cidade fortificada que marca a divisoria entre os reinos de Valencia e de Toledo. Fernando III o Santo reconquista Requena moi posiblemente no ano 1238.
En 1707 Filipe V concédelle o título de Vila e en 1836 recibe o título de Cidade de mans de Isabel II.
Demografía
[editar | editar a fonte]O concello de Requena ten 21.448 habitantes (INE 2010).
Evolución demográfica de Requena | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | ||
12.029 | 14.457 | 16.236 | 17.658 | 18.818 | 17.650 | 19.422 | 20.253 | 18.933 | 17.840 | 18.152 | 17.014 | 19.092 | 20.046 | 20.216 | 20.440 | 20.807 | 21.278 |
Economía
[editar | editar a fonte]Durante o século XX creceron os cultivos de vide na cidade, sendo esta a súa maior actividade económica. Actualmente, cunhas 18.000 hectáreas de cultivos é un dos concellos de España con maior produción vinícola. Forma parte da Denominación de Orixe Utiel-Requena, que abarca outros concellos da zona, como Utiel.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fortaleza
-
Igrexa de Santa María
-
Praza da Vila
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Requena |
- Concello de Requena (en castelán)
- Aldeas de Requena (en castelán)