Río Limia
| |||||
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Zona Especial de Conservación do Río Limia | ||||
Inicio | |||||
División administrativa | Distrito de Viana do Castelo, Portugal, A Limia, España e A Baixa Limia, España | ||||
Localización | Paradiña | ||||
Final | |||||
División administrativa | Portugal | ||||
Localización | Distrito de Viana do Castelo | ||||
Desembocadura | Océano Atlántico | ||||
| |||||
Afluentes | Rio Caldo (pt) , Río Salas, Rio Vez (pt) , Rio Adrão (pt) , Rio Cabril (pt) , Rio Castro Laboreiro (pt) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 108 () × 135 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 370 km² | ||||
O río Limia (en portugués rio Lima) é un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal.
Curso
[editar | editar a fonte]Nace a 975 m de altitude no monte Talariño, na provincia de Ourense, atravesa o sur de Galiza, baña a Xinzo de Limia, e entra en Portugal tras percorrer 41 km xunto á árida Serra da Peneda, baña Ponte de Lima e desauga en Viana do Castelo. En total ten unha lonxitude de 108 km. Todo o seu curso, tanto en Galiza como en Portugal, atravesa rexións fértiles.
Historia
[editar | editar a fonte]Os romanos identificaron o río Limia co mitolóxico río Lethes. Tiña a propiedade quen atravesase este río mítico de esquecer cal era a súa orixe e ficaba a morar na súa ribeira. Conta Plinio, que o xeneral Décimo Xunio Bruto Galaico no 138 antes da era actual atreveuse a pasalo de primeiro e, dende a outra beira, comezou a citar os nomes dos seus soldados para disipar os seus temores. Á súa beira construíuse o campamento romano Aquis Querquennis.
- Chamáchesme dos da néboa/ porque paso o río Limia;/ eu chámote porreteiro,/ ceboleiro de Xendive [1].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do río Lima.
-
Ponte Eifel, o río en Viana do Castelo.
-
Encoro das Conchas, situado entre Os Baños (Bande) e Muíños.
-
O río en Xinzo de Limia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 62). Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios. Xaquín Lorenxo explica que chaman “os da néboa” á xente do val do río Limia, por ser frecuentes as néboas que se producen no inverno, e que “ceboleiros” son os veciños de Xendive.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Limia |