Pinchi
(2017) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1996 (28 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,71 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Óscar Francisco García Quintela, coñecido como Pinchi, nado na Coruña o 17 de xaneiro de 1996,[1][2] é un futbolista galego, que xoga de centrocampista no Racing de Ferrol, da Segunda División, cedido polo Çaykur Rizespor turco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]Entrou na canteira do Deportivo da Coruña en 2005, aos nove anos. Pasou polas diferentes categorías do club e na tempada 2013/14 debutou co Fabril en Terceira División, disputando 17 encontros e marcando o seu primeiro gol, contra o Rápido de Bouzas. Seguiu alternando o equipo xuvenil co filial na 2014/15 e xa para a tempada 2015/16 pasou a ser xogador do Fabril a todos os efectos. Marcou 19 goles na liga regular esa tempada, formando unha gran dupla goleadora co colombiano Juan Ferney Otero, e fixo outro gol máis na fase de ascenso a Segunda B, na que o equipo de Manuel Mosquera caeu eliminado contra o Navalcarnero.
Esa mesma campaña debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, adestrado por Víctor Sánchez. Foi o 16 de decembro de 2015, nun partido de Copa do Rei fronte á UE Llagostera que rematou en empate (1–1). Comezou a tempada 2016/17 da Terceira División marcándolle cinco goles ao Compostela na primeira xornada e rematou a competición como o segundo máximo goleador do Grupo I, só por detrás do seu futuro compañeiro de equipo Uxío, por aquel entón no Cerceda. O Fabril proclamouse campión do seu grupo e logrou o ascenso á categoría de bronce despois de derrotar ao Cacereño.[3]
Ademais, o 20 de xaneiro de 2017 debutou na Primeira División, nun encontro contra a UD Las Palmas a domicilio que rematou en empate (1–1), e no que o adestrador Gaizka Garitano lle deu entrada case ao final do partido como substituto de Joselu.[4] Na tempada 2017/18 disputou 28 encontros e marcou 6 goles co Fabril na Segunda B, na que foi a mellor campaña da historia do club, rematando na segunda posición e xogando a promoción de ascenso a Segunda contra o Extremadura.[5]
Atlético de Madrid B
[editar | editar a fonte]O 27 de xuño de 2018, deixou o Dépor despois de 13 anos na disciplina do club, e uniuse ao Atlético de Madrid B.[6] No equipo de Óscar Fernández foi titular en case todos os partidos, marcando 10 goles e xogando unha nova fase de ascenso a Segunda.
Extremadura
[editar | editar a fonte]O 19 de xullo de 2019, o Extremadura UD, de Segunda División, anunciou a fichaxe de Pinchi por tres tempadas.[7] O 8 de febreiro de 2020 anotou o seu primeiro gol como profesional, na derrota por 2-4 fronte ao Tenerife.[8] Xogou 38 partidos ao longo da tempada e marcou 5 goles. Os seus últimos dous tantos anotounos, co equipo estremeño xa descendido, na 40ª xornada fronte ao Deportivo da Coruña, e serviron para remontar o partido e lograr unha vitoria por 2-3 que deixou ao seu antigo equipo ao bordo do descenso, do que non conseguiu fuxir.[9] En setembro de 2020 marchou cedido ao Fuenlabrada, onde xogou 29 partidos, aínda que só 9 deles como titular, facendo tres goles.[10]
Las Palmas
[editar | editar a fonte]En xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe pola UD Las Palmas, onde asinou por tres tempadas.[11] Chegou ao equipo como unha petición do adestrador Pepe Mel, pero contou con pouca participación no conxunto amarelo, situación que empeorou trala chegada ao banco de García Pimienta.[12] Disputou un total de 18 partidos, a gran maioría deles como suplente, sumando menos de 700 minutos de xogo. No verán de 2022 a directiva do club, encabezada polo galego Luis Helguera, decidiu buscarlle unha saída, polo que foi cedido ao Mirandés, da mesma categoría.[13] En Miranda de Ebro, ás ordes de Joseba Etxeberria, o xogador coruñés converteuse nunha das pezas máis destacadas do equipo, que conseguiu o obxectivo da permanencia. Disputou 39 partidos, 33 deles como titular, e marcou 6 goles.[12]
Çaykur Rizespor
[editar | editar a fonte]En agosto de 2023 anunciouse o seu traspaso ao Çaykur Rizespor, da Süper Lig turca.[14] Debutou co seu novo equipo na primeira xornada de liga, diante do Adana Demirspor, converténdose no terceiro futbolista galego en xogar no campionato turco, despois do vilagarcián Dani Abalo e do coristanqués Angeliño. A súa estrea no campionato de liga produciuse nun partido ante o Adana Demirspor e sumou 13 partidos de liga e dous da Copa de Turquía, ata que no mercado invernal anunciouse a súa cesión ao Racing de Ferrol, da Segunda División.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Club Atlético de Madrid · Web oficial - Óscar ‘Pinchi’: “Estamos con muchas ganas de que llegue el domingo”". www.atleticodemadrid.com. Consultado o 2020-04-10.
- ↑ "Óscar Pinchi - Extremadura UD - Estadísticas - palmarés". www.footballdatabase.eu. Consultado o 2020-04-10.
- ↑ "O Fabril golea ao Compostela con Óscar en estado de graza". Deportivo da Coruña. 21 de agosto de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "LaLiga, Las Palmas-Deportivo: Florin Andone 'aguó' a los canarios (1-1)" (en castelán). 20 de xaneiro de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "El Extremadura se clasifica para semifinales con un gol en la prórroga ante el Deportivo Fabril". Sport (en castelán). 26 de maio de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "El Atlético B ficha a Pinchi, del Deportivo". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ "‘PINCHI’, DINAMITA Y EXPLOSIVIDAD EN AZULGRANA" (en castelán). 19 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "Dani Gómez héroe en Almendralejo". Marca (en castelán). 8 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ Barreiros, Pedro (12 de xullo de 2020). "El Dépor vuelve a la pesadilla tras caer con estrépito ante el Extremadura". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2023.
- ↑ "El coruñés Óscar Pinchi ficha por el Fuenlabrada" (en castelán). 10 de setembro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020.
- ↑ "Pinchi, ex del Dépor, ficha por la UD Las Palmas donde se reencontrará con Pepe Mel" (en castelán). 20 de xullo de 2021. Consultado o 21 de xullo de 2021.
- ↑ 12,0 12,1 Fontecha, Kevin (31 de maio de 2023). "Dudas con Pinchi: Pimienta quiere verle" (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2023.
- ↑ "Pretemporada UD Las Palmas: La lista negra de Pimienta: Veiga, Pinchi, Ferigra, Clau y Ale Díez" (en castelán). 15 de xullo de 2022. Consultado o 24 de novembro de 2023.
- ↑ "El coruñés Pinchi ya es jugador del Caykur Rizespor". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 2023. Consultado o 24 de novembro de 2023.
- ↑ Codesido, Juanma (1 de febreiro de 2024). "Oficial: Óscar Pinchi refuerza el ataque del Racing de Ferrol". As (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1996
- Nados na Coruña
- Futbolistas da Coruña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Atlético de Madrid B
- Xogadores do Extremadura UD
- Xogadores do CF Fuenlabrada
- Xogadores da UD Las Palmas
- Xogadores do CD Mirandés
- Xogadores do Racing de Ferrol