Pensamento crítico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
O pensamento crítico é un método mediante o cal, grazas ao noso coñecemento e intelecto, se estudan e avalían as diferentes concepcións e interpretacións do mundo ou dunha materia en concreto. Neste proceso téñense en conta os criterios adoptados pola sociedade na súa vida cotiá e tomados como verdadeiros. Para unha boa escolla acerca do correcto é preciso tomar como referencia o pensamento crítico (baseado na razón) e nunca deixarse guiar polo pensamento desiderativo (baseado nas paixóns, nos desexos e nos sentimentos, apartando así a razón).
Ao facer uso do pensamento crítico rexeitamos a opinión da sociedade impoñendo como válida a nosa ideoloxía, é dicir, as nosas sentenzas favorables ou contrarias ás ideas públicas. Pero hai que ter en conta que facendo uso del non sempre nos opoñemos ao criterio da sociedade, pois o único que buscamos é adquirir unha posición crítica que favorecerá a nosa experiencia e o noso futuro desenvolvemento. Iso si, debe ser firme en tódolos posibles contextos e finalmente, é moi importante facer uso del xa que nos axudará no crecemento como seres racionais.
Compoñentes do pensamento crítico
[editar | editar a fonte]Pódese dicir que os compoñentes do pensamento crítico son:
- Pensamento razoable: baséase no uso da razón para o seu obxectivo.
- Pensamento enfocado: céntrase na meta rexeitando as distraccións.
- Escolla do teu propósito: estuda as posibilidades que temos na mente e o que facemos.
Todo pensamento crítico é proposto co fin de achegar remedios a unha determinada cuestión pero sempre apoiándoos en datos, investigacións ou na lóxica pese a que só serán puras especulacións. Este proceso terá como froito achegar sentido á información recibida anteriormente.
Finalmente, o pensamento crítico non pretende equiparar os razoamentos da multitude e moito menos intentar mudarlles a personalidade. Tampouco se trata dunha crenza nin dunha procura cara a persuasión.
Desenvolvemento do pensamento crítico
[editar | editar a fonte]Para a correcta e adecuada realización do pensamento crítico hai que ter varios pasos moi presentes xa que son fundamentais:
- Adquirir unha actitude apropiada: é necesario ampliar os nosos coñecementos tendo unha mente aberta pero cuestionándose cada paso que se dá para asegurar a información recibida. Finalmente, non se debe perder a motivación xa que é a única maneira de alcanzar un nivel suficiente de sabedoría para un bo pensamento crítico.
- Recoñecer e prever os prexuízos: a vida cotiá está chea de impedimentos tanto naturais como manipulados que é necesario saber recoñecer e evitar. Estas limitacións pódense clasificar en catro táboas principais aínda que hai moitas máis.
- Táboa 1: barreiras humanas fundamentais.
- Táboa 2: uso da linguaxe.
- Táboa 3: ausencia de lóxica.
- Táboa 4: argucias psicolóxicas e sociais.
- Identificar e caracterizar os argumentos: é preciso saber avaliar e construír os razoamentos que soporten a conclusión (estes dous elementos, razoamentos e a conclusión, deber ser variados).
- Avaliar as fontes de información e os argumentos: toda pescuda realizada deber ser verificada con lóxica para evitar posibles erros nos futuros argumentos que derivarán en conclusións sen fundamento propio.