Patrimonio da Humanidade en Afganistán
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Afganistán, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Afganistán aceptou a convención o 20 de marzo de 1979, facendo que os seus sitios históricos poidan ser incluídos na lista.
O primeiro sitio en Afganistán que se inscribiu foi o Minarete e Restos Arqueolóxicos de Jam, que foi inscrita na 26ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 2002. A Paisaxe cultural e Restos Arqueolóxicos do Val de Bamiyán foi inscrita na 27ª sesión, en 2003.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: das provincias de Afganistán
- Ano da inclusión: na lista da UNESCO
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[3]
† En perigo
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Minarete de Jam[4] | Provincia de Ghor, Afganistán | 2002 | 337; ii, iii, iv (cultural) | |
02 | Budas de Bamiyán[5] | Bamiyán, Afganistán | 2003 | 337; i, ii, iii, iv, v (cultural) |
Lista de candidatos
[editar | editar a fonte]Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisionais que poden considerar para ser nomeados. Só se aceptan candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial se o sitio figuraba previamente na lista provisional.
Sitio | Imaxe | Ano listado | Localización | Descrición |
---|---|---|---|---|
Cidade de Herat[6] | 2004 | |||
Cidade de Balkh (antiga Bactria)[7] | 2004 | |||
Band-E-Amir[8] | 2004 | |||
Bagh-e Babur[9] | 2009 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021.
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ "Minaret and Archaeological Remains of Jam".
- ↑ "Cultural Landscape and Archaeological Remains of the Bamiyan Valley".
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "City of Herat". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "City of Balkh (antique Bactria)". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Band-E-Amir". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Bagh-e Babur". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2021-07-13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade en Afganistán |