Pórtico
En arquitectura, pórtico é o corpo formado por unha galería de columnas pegada a un edificio ou aberta ao aire libre.
Algúns exemplos famosos de pórtico son o East Portico do Capitolio dos Estados Unidos de América, e o pórtico que adornaba o Panteón en Roma.
Bolognia, en Italia, é famosa polos seus pórticos. En total, ten máis de 45 quilómetros de arcadas, aproximadamente 38 no centro da cidade, entre eles o pórtico máis longo do mundo, que mide aproximadamente 3,5 quilómetros e conduce dende a beira da cidade ata a Basílica Beata Vergine di San Luca.
Un pronaos é a área interior do pórtico dun Templo grego ou romano, situado entre a columnata do pórtico ou paredes e a entrada ao "cella" ou lugar santo. Os templos romanos comunmente tiñan pronaos abertos, polo xeral con só as columnas e ningunha parede. A palabra "pronaos" úsase en grego para "antes dun templo". En latín, os pronaos tamén son mencionados como "anticum" ou "prodomus".
Tipos de pórtico
[editar | editar a fonte]As variantes de pórticos noméanse en función das columnas que os compoñen.
Tetrástilo
[editar | editar a fonte]O tetrástilo ten catro columnas. Era comunmente empregado polos gregos e os etruscos para pequenas estruturas.
Os romanos favoreceron o pórtico de catro columnas para os seus santuarios como o Templo de Portunus, para templos como o Templo de Venus e Roma, e para os pórticos de entrada de grandes edificios públicos como a Basílica de Maxencio e Constantino.
Hexástilo
[editar | editar a fonte]Os edificios tiñan seis columnas e eran os pórticos estándar no Dórico (a arquitectura entre o período arcaico 600-550 aC ata a Idade de Pericles 450-430 aC).
Hexástilo grego
[editar | editar a fonte]Algúns exemplos coñecidos de hexástilo clásico Dórico son templo gregos como:
- O grupo de Paestum que comprende o Templo de Hera (c. 550 aC), o Templo de Apolo (c. 450 aC), o primeiro Templo de Atenea ("Basílica") (c. 500 aC) e o segundo Templo de Hera (460-440 aC).
- O Templo de Atenea "Aphaia (a invisible)" en Exina (c. 495 aC).
- O Templo en Selinunte (465-450 aC) dedicado a Hera.
- O Templo de Zeus en Olimpia, na actualidade en ruínas.
- O Templo ou o suposto "Templo de Concordia" en Agrigentum (c. 430 aC), un dos templos gregos clásicos mellor conservados, conserva case todo o seu perístilo.
- O "templo inacabado" en Sexesta (c. 430 aC).
- O Hephaesteum aos pés da Acrópole de Atenas, coñecida como o "Theseum" (449-444 aC).
- O Templo de Poseidón sobre Cabo Sunion (c. 449 aC).
O Hexástilo tamén foi empregado nos templos xónicos, como o pórtico do Santuario de Atenea sobre o Erecteion na Acrópole de Atenas.
Hexástilo romano
[editar | editar a fonte]Coa colonización grega do sur de Italia, o hexástilo foi adoptado polos etruscos e posteriormente polos romanos. O gusto romano pseudoperipteral favoreceu os edificios estreitos con altas columnas, levantadas sobre podios para maior grandiosidade e esplendor conferido pola considerable altura. A Maison Carrée en Nîmes é un dos templos romanos mellor conservados que sobreviven da antigüidade clásica.
Octóstilo
[editar | editar a fonte]O Octóstilo tiña oito columnas. Estes edificios son máis escasos que os Hexástilos no Canon arquitectónico clásico grego. Os edificios octóstilos máis coñecidos que sobreviven da antigüidade son o Partenón en Atenas construído durante a Idade de Pericles (450-430 aC), e o Panteón en Roma (125 aC).
Decástilo
[editar | editar a fonte]O decástilo ten dez columnas; como o templo de Apolo Didymaeus en Mileto, e o pórtico do University College de Londres.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Greek architecture Encyclopaedia Britannica, 1968
- Stierlin, Henri Greece: From Mycenae to the Parthenon, TASCHEN, 2004, Editor-in-chief Angelika Taschen, Cologne, ISBN 3-8228-1225-0
- Stierlin, Henri The Roman Empire: From the Etruscans to the Decline of the Roman Empire, TASCHEN, 2002, Edited by Silvia Kinkle, Cologne, ISBN 3-8228-1778-3