Saltar ao contido

O home invisible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O home invisible
Cuberta da primeira edición.
Título orixinalThe Invisible Man
Autor/aH. G. Wells
OrixeReino Unido
Linguainglés
ColecciónGrandes do noso tempo
Xénero(s)Ciencia ficción
Editorial C. Arthur Pearson
Galicia Xerais
Data de pub. 1897
Galicia 1991
Páxinas149
TraduciónFrancisco Bedoya Díaz
Na rede
BNE: XX2036580
editar datos en Wikidata ]

O home invisible[1] (en inglés: The Invisible Man) é unha novela de ciencia ficción escrita por H.G. Wells. Orixinalmente serializada en Pearson's Weekly en 1897, foi publicada como unha novela ese mesmo ano. O home invisible do título é "Griffin", un científico dedicado á investigación da óptica que inventa un xeito de igualar o índice de refracción dos corpos co do ar polo que non absorben nin reflicten a luz e fainos invisible. Consegue con éxito levar a cabo este procedemente no seu propio corpo, mais erra no seu intento de revertelo. Un apaixonado de violencia aleatoria e irresponsable, Griffin converteuse nunha personaxe icónica do terror de ficción.[2] Malia que as obras anteriores de Wells, A máquina do tempo e A illa do doutor Moreau, foron escritas empregando narradores en primeira persoa, nesta ocasión emprega o punto de vista en terceira persoa.

Foi traducida ó galego por Francisco Bedoya Díaz e publicado por Xerais en 1991.[1]

  1. 1,0 1,1 O home invisible. Traducido por Francisco Bedoya Díaz (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 1991. ISBN 84-7507-545-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. The Science of Fiction and the Fiction of Science: Collected Essays on SF Storytelling and the Gnostic Imagination. McFarland. 2009. p. 41, 42. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]