Saltar ao contido

Nikolai Karamzin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNikolai Karamzin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Николай Михайлович Карамзин Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1766 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Karamzinka, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 1826 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (59 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Tikhvin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónImperial Moscow University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, crítico, xornalista, prosista, tradutor, historiador, escritor, poeta, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1781 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
MovementoSentimentalismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioА. Б. В. Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHouse of Karamzin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeYekaterina Kolyvanova Editar o valor en Wikidata
FillosElizaveta Nikolaevna Karamzina‎, Sofya Karamzina, Yekaterina Meshcherskaya, Andrey Karamzin, Aleksandr Karamzin, Vladimir Karamzin Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia Larousse en liña, (sec:Nikolaï Mikhaïlovitch Karamzine)
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Карамзин Николай Михайлович)
Nordisk familjebok Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0438880 BNE: XX1073390 Find a Grave: 11232 Editar o valor en Wikidata

Nikolai Mikhailovich Karamzin (en ruso: Никола́й Миха́йлович Карамзи́н), nado en Znamenskoie, provincia de Simbirsk o 1 de decembro de 1766 e finado en San Petersburgo ou 3 de xuño de 1826, foi un escritor, historiador e tradutor ruso do sentimentalismo ou prerromanticismo ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia noble, procedente do príncipe tártaro converso Kara-Murza. O seu pai foi un oficial do exército ruso. Cursou estudos primarios con titores e profesores particulares; en San Petersburgo coñeceu o poeta Ivan Dmitriev e dende os catorce anos estudou no colexio alemán do profesor Schaden, en Moscova.

Iniciou a carreira militar, mais abandonouna apenas transcorrido un ano. Participou activamente na vida social e cultural de Moscova frecuentando as tertulias de Nikolai Novikov, erudito e masón que privaba entre a intelectualidade rusa de finais do XVIII. Viaxou en 1789 por Alemaña, Francia, Suíza e Inglaterra. Colaborou asiduamente en varias revistas literarias e editou outras como Xornal de Moscova e Vestnik Evropy.

Amigo persoal do tsar Alexandre I, foi admirado e respectado e recibiu honras e recompensas. Introduciu a sensibilidade prerromántica nas letras rusas con Cartas dun viaxeiro ruso (1791-1792), labradas sobre o modelo de Laurence Sterne e a súa A Sentimental Journey Through France and Italy; Bednaya Liza (1792) e Yuliya (1796). En 1802 e 1803 editou a revista Vestnik Evropy. Nomeado historiógrafo do tsar (1803), traballou ata a súa morte en Istoriya gosudarstva Rossiyskogo (“Historia do Estado Ruso”, 1816-1826).

Faleceu de tuberculose e os seus restos repousan no cemiterio do mosteiro de Alexandre Nevski, en San Petersburgo.

Empezou a súa carreira literaria cunha serie de traducións entre as que destacan a súa versión de Xulio César de Shakespeare, Emilia Galotti de Lessing, obras de Albrecht von Haller e tratados de masonaría como Acerca das obras de Deus no reino natural. Alcanzou a fama cunha serie de novelas que se afastaba dos patróns habituais do xénero; en Bednaya Liza a trama aparentemente sentimental e amorosa encobre unha certa problemática social: é a historia dunha moza campesiña que, seducida e abandonada por un mozo aristócrata, se suicida. A vida rural idealizada e o sincero aínda que tardío arrepentimento do mozo pon as cousas no seu sitio e suavizan a conflitividade do argumento; considérase a súa obra mestra neste xénero. Outras novelas súas son Frol Silin, de ambiente rural tamén idealizado, e a novela histórica Natalya, boyarskaya doch, que conta unha historia amorosa na Rusia do século XVII. A máis interesante é quizais Marfa-posadnitsa (1803), que trata sobre a caída da cidade-república de Novgorod, último bastión das liberdades cívicas, baixo o poder totalitario de Iván o Terrible. A novela Un cabaleiro dos nosos tempos representa un intento de crear a novela psicolóxica e posúe certos visos autobiográficos. As novelas Ostrov Borngolm e Sierra Morena marcan un cambio de estilo decidido cara ao romanticismo a causa do exotismo dos ambientes e os países afastados, os lúgubres castelos, as personaxes misteriosos e as paixóns volcánicas, entre outros elementos típicos desta estética.

Os seus criterios estéticos e literarios quedaron reflectidos en numerosos ensaios e tratados escritos ao longo da súa vida. Nun deles titulado Que precisa o autor?, maniféstase abertamente contra as regras formais e estéticas do neoclasicismo e contrapón á sublime necesidade e frío raciocinio deste a expresividade, a emotividade e o lirismo do autor.

Como poeta, Karamzin está representado por un curto número de pezas e algunhas baladas: "Raisa", "O conde Guerinos" e un poema épico inacabado, "Ilia de Murom". Porén, representan un claro avance en canto a que se separan dos xéneros literarios propios do neoclasicismo, como foron a oda e a sátira.

A súa faceta máis importante é a de historiador. Dende 1803 consagrouse á investigación histórica con método rigoroso e o tsar Alexandre I nomeouno historiógrafo oficial, concedeulle unha pensión de 2000 rublos ao ano e permitiulle o acceso directo a todos os arquivos. En 1818 presentou ao tsar os primeiros oito tomos da súa monumental historia do estado ruso, concibida segundo o modelo que ofrecía a obra do historiador británico Edward Gibbon.

Isto valeulle un recoñecemento enorme, títulos, honras, o nomeamento de cabaleiro de primeira clase da Orde de Santa Ana e 60 000 rublos. Catro anos despois publicou outros catro tomos, concluíndo desa maneira a súa obra capital.

[editar | editar a fonte]

Karamzin está recoñecido por introducir a letra Ë/ë no alfabeto ruso pouco despois de 1795, substituíndo a forma anticuada Ю/ю.[1] Ironicamente, o uso daquela forma adoita ser menospreciada, aparecendo habitualmente como E/e nos libros, á parte de nos dicionarios e nos libros escolares para nenos.[2][3]

  1. Hans Jensen, Sign, Symbol and Script (Londres: George Allen and Unwin Ltd, 1970), p. 499
  2. Еськова, Н. (2000). "ПРО БУКВУ Ё". Nauka i Zhizn (4). 
  3. Еськова, Н. (2008). "И ЕЩЁ РАЗ О БУКВЕ Ё". Nauka i Zhizn (7). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Anderson, Roger B. N.M. Karamzin's Prose: The Teller and the Tale. Houston: Cordovan Press, 1974.
  • Black, J.L. Nicholas Karamzin and Russian Society in the Nineteenth Century: A Study in Russian Political and Historical Thought. Toronto: University of Toronto Press, 1975 (hardcover, ISBN 0-8020-5335-1).
  • Cross, A.G. N.M. Karamzin: A Study of His Literary Career, 1783–1803. Carbondale, IL: Southern Illinois University Press, 1971 (ISBN 0-8093-0452-X).
  • Essays on Karamzin: Russian Man-of-Letters, Political Thinker, Historian, 1766–1826 (Slavistic Printings and Reprintings; 309). Edited by J.L. Black. The Hague; París: Mouton, 1975.
  • Grudzinska Gross, Irena. "The Tangled Tradition: Custine, Herberstein, Karamzin, and the Critique of Russia", Slavic Review, Vol. 50, No. 4. (Winter, 1991), pp. 989–998.
  • [Karamzin, N.M.] Selected Prose of N.M. Karamzin. Trans. and Intr. by Henry M. Nebel, Jr. Evanston, IL: Northwestern University Press, 1969.
  • Nebel, Henry M., Jr. N.M. Karamzin: A Russian Sentimentalist. The Hague: Mouton & Co., 1967.
  • Pipes, Richard. Karamzin's Memoir on Ancient and Modern Russia: A Translation and Analysis (Russian Research Center Studies; 33). Cambridge, MA: Harvard University Press, 1959.
  • Fraanje, Maarten. Nikolai Karamzin and Christian Heinrich Spiess: "Poor Liza" in the Context of the Eighteenth-Century German Suicide Story. Study Group on Eighteenth-Century Russia Newsletter Volume 27 (1999).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]