Nicholas Aylward Vigors
Nicholas Aylward Vigors, nado en 1785 en Old Leighlin, condado de Carlow, na provincia de Leinster (Irlanda) e finado o 26 de outubro de 1840 en Londres, foi un zoólogo e político irlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vigors estudou no Trinity College da Universidade de Oxford.
Serviu no exército británico durante a Guerra Peninsular (Guerra de Independencia española) de 1809 a 1811, e despois regresou a Oxford, graduándose en 1817.
Foi cofundador da Sociedade Zoolóxica de Londres en 1826, e ocupou a súa primeira secretaría até 1833. Foi tamén membro da Sociedade Linneana de Londres e da Royal Society.
Autor de 40 traballos, principalmente sobre ornitoloxía, escribiu o texto de John Gould's: A Century of Birds from the Himalaya Mountains (1830–32), e describiu o xénero Struthio da avestruz.
Como político
[editar | editar a fonte]Foi membro da Cámara dos Comúns polo distrito de Carlow de 1832 a 1835. Vigors gañou a posterior elección parcial do ano 1837, e conservou o seu escano até a súa su morte, en 1840.
Outras publicacións
[editar | editar a fonte]- An inquiry into the nature and extent of poetic licence. Mackinlay & Bensley, Londres, 1810.
- A statement of persecutions on the part of certain Tory landlords in the County of Carlow. Ridgways, Londres, 1836.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Vigors emprégase para recoñecer a Nicholas Aylward Vigors con autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nicholas Aylward Vigors |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kavanagh, P. J. (1983). "Nicholas Aylward Vigors, MP, 1786-1840". Carloviana: [Journal of the Old Carlow Society] 30: 15–19.
- John Doyle (1797–1868): A design – partly taken from the antique of the destruction of the Niobe family. McLean, Londres 1841.
- Parliamentary Election Results in Ireland, 1801-1922, editado por B. M. Walker (Royal Irish Academy, 1978).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Arquivo da Royal Society. Artigo: Vigors, Nicholas Aylward (1785 - 1840).(en inglés)
- Hansard 1803–2005: Contribucións no Parlamento de Nicholas Vigors(en inglés)
- Información familiar en RootsWeb.(en inglés)