Saltar ao contido

Napalm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O exército estadounidense usando napalm en Vietnam.
IAI Kfir da FAE atacando un obxectivo con napalm durante os exercicios Blue Horizon.

O napalm[1][2] ou gasolina xelatinosa é un combustible que produce unha combustión máis duradeira que a da gasolina simple. Esta característica fixo que sexa utilizado por algúns exércitos en varias guerras. O nome napalm procede do acrónimo de ácido nafténico e ácido palmítico, cos que se fabrica.

Características químicas

[editar | editar a fonte]

En orixe era ácido fosfórico, máis tarde usáronse xabóns de aluminio de ácidos nafténicos e do aceite de coco. Ao mesturar o xabón de aluminio con gasolina obtense un xel de gasolina. Isto produce unha substancia altamente inflamable e que arde lentamente. Pode apagarse mediante a inmersión total en auga ou con privación de osíxeno, pero en calquera outro caso arde indefinidamente. É posible acendelo con calquera compoñente que faga ignición coa gasolina normal.

Unha das empresas que o fabrica é a Dow Chemical Company.

O novo napalm, "Napalm B" contén benceno e poliestireno para estabilizar a base da gasolina.

O napalm é capaz de incinerar todo tipo de material, deixando edificios e obxectos intactos pola súa capacidade de expandirse polo osíxeno.

Durante a segunda guerra mundial, os Aliados e a Alemaña nazi utilizaron a gasolina como arma en lanzachamas, xa que soamente a gasolina era un rápido e eficaz dispositivo incendiario. Unha substancia adicional era necesaria para producir unha combustión de grande alcance e persistencia pero que non se consumise velozmente.

Aínda que os investigadores atoparan maneiras de facer gasolina convertida en xelatina, moitas delas requiriron de caucho como compoñente principal, que durante tempos de guerra era unha materia escasa. En 1942 investigadores da Universidade Harvard (conducida polo Dr. Louis Fieser) e o corpo químico do Exército dos Estados Unidos atopou a solución: o napalm.

As bombas incendiarias que usaban o napalm como combustible foron utilizadas no bombardeo contra a cidade alemá de Dresden e contra o Xapón.

Despois da guerra, o refinamento e o desenvolvemento adicionais do napalm foron emprendidos polo Goberno dos Estados Unidos e os seus laboratorios afiliados.

Varios países empregáronno durante conflitos armados. As forzas armadas de Grecia utilizárono durante a guerra civil grega, as forzas de paz da ONU utilizárono na Guerra de Corea, Marrocos no Rif e o Sáhara Occidental, entre outros. Con todo, o Exército dos Estados Unidos é o que máis se serviu del durante numerosas incursións militares, como a Guerra de Vietnam ou a Guerra de Iraq. Tamén llo subministrou ao Exército Dominicano de Rafael Leónidas Trujillo na expedición do 14 de xuño ou ao Exército Cubano de Fulgencio Batista durante a Revolución Cubana.

O napalm foi utilizado no Sáhara Occidental (1976-77), Irán (1980-88), Israel (1967, 1982), Brasil (1972), Nixeria (1969), Exipto (1973), Chipre (1974), Arxentina (1982),[3] Iraq (1980-88, 1991), Serbia (1994), Turquía (1974, 1997), O Salvador (1980-1992) e Angola. Ademais, foi a principal arma usada polo ditador etíope Mengitsu para sufocar as insurreccións eritreas.

Produción

[editar | editar a fonte]

Entre 1965 e 1969, a compañía Dow Chemical Company produciu napalm para o exército norteamericano. Despois de que chegasen noticias dos terribles efectos do napalm á opinión pública, Dow Chemical sufriu boicots aos seus produtos. A dirección da compañía decidiu que a súa principal obrigación era co goberno. Mentres tanto, o Napalm B converteuse nun símbolo da Guerra de Vietnam.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para napalm.
  2. Definición de napalm no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "Part 38. 2 Para's approach to and battle for Darwin and Goose Green". San Carlos landings and consolidation (Parts 33-40) (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]