Nós
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Nós é forma tónica do pronome persoal de primeira persoa do plural en galego.
Cultura
[editar | editar a fonte]Nós, ademais, pode facer referencia a diversas iniciativas culturais:
- A revista Nós (1920-1936), dirixida por Vicente Risco e na que colaboraron Otero Pedrayo e Castelao entre outros.
- O Suplemento Nós, publicado irregularmente entre 1928 e 1932, dentro desta revista.
- O grupo Nós, ou Xeración Nós, de intelectuais comprometidos co galeguismo, instalados principalmente na cidade de Ourense e na vila de Rianxo, organizados arredor da revista anterior.
- A editorial Nós, sita na Coruña e logo en Santiago, que publicou, entre outras, esta revista.
- O álbum Nós de debuxos de Castelao (1920).
- Un folleto semanal titulado Nós. Páxinas Gallegas do Diario da Cruña El Noroeste, incluído no diario coruñés El Noroeste (1918-1919), precursor da revista Nós.
- O periódico Nós, editado na Habana en 1921.
- O periódico Nós, editado en Montevideo de 1964 a 1965.
- O suplemento cultural Nós, do diario Xornal de Galicia, desaparecido a finais de 2009.
- A revista irlandesa Nós,1 publicada en irlandés e gaélico escocés en Internet e en papel dende 2008 por Tomaí Ó Conghaile.
- A novela de ciencia ficción Nós (1921), escrita polo autor ruso Evgenii Zamiatin.
- O xornal impreso Nós Diario, lanzado o 2 de xaneiro de 2020.
Política
[editar | editar a fonte]Nós tamén pode referirse a un dos seguintes partidos políticos:
- Nós-Unidade Popular, un partido político que estivo en activo de 2001 a 2015.
- Nós-Candidatura Galega, un partido político fundado no 2015.