Saltar ao contido

My Own Private Idaho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

My Own Private Idaho
Ficha técnica
Título orixinalMy Own Private Idaho
DirectorGus Van Sant
ProdutorLaurie Parker
GuiónGus Van Sant
Baseado enHenrique IV, parte 1
Henrique IV, parte 2
Henrique V
de William Shakespeare
IntérpretesRiver Phoenix
Keanu Reeves
MúsicaBill Stafford
FotografíaJohn J. Campbell
Eric Alan Edwards
MontaxeCurtiss Clayton
DistribuidoraFine Line Features
EstreaFestival de Venecia: 4 de setembro de 1991
29 de setembro de 1991
Duración102 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento2,5 millóns de dólares
Recadación6,4 millóns de dólares (América do Norte)[1]
Na rede
https://www.myownprivateidaho.com/
IMDB: tt0102494 Filmaffinity: 254537 Allocine: 1780 Rottentomatoes: m/my_own_private_idaho Mojo: myownprivateidaho Allmovie: v34109 TCM: 84382 Metacritic: movie/my-own-private-idaho TV.com: movies/my-own-private-idaho Netlix: 60035031 Editar o valor en Wikidata

My Own Private Idaho é un filme estadounidense de 1991 escrito e dirixido por Gus Van Sant. Está vagamente baseado nas obras de Shakespeare Henrique IV, parte 1, Henrique IV, parte 2 e Henrique V. Conta a historia de dous amigos, Michael Waters e Scott Favor, interpretados por River Phoenix e Keanu Reeves respectivamente, que se embarcan nunha viaxe de descubrimento persoal que os leva dende Portland, Oregón até o fogar de Mike en Idaho, e posteriormente a Roma na procura da nai de Mike.

Van Sant escribiu orixinalmente o guión na década de 1970, mais desbotouno despois de ler a novela de John Rechy City of Night e concluír que o tratamento que Rechy facía do tema da prostitución masculina era mellor que o seu. Co paso dos anos, Van Sant escribiu de novo o guión, o cal comprendía dúas historias: unha na que Mike busca a súa nai, e outra a vida de Scott é unha interpretación moderna das obras de Henrique IV. Van Sant tivo dificultades para atopar financiamento de Hollywood, e chegou a considerar en facer o filme cun orzamento minúsculo cun elenco composto por mozos reais da rúa. Porén, despois de enviarlle copias do guión a Reeves, e logo de que Reeves llas amosase a Phoenix, ámbolos dous acordaron interpretar no filme.

My Own Private Idaho estreouse na 48ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, e recibiu valoracións moi positivas por parte da crítica, como Roger Ebert e os críticos de The New York Times e Entertainment Weekly. O filme tivo un éxito moderado de recadación, recadando máis de 6,4 millóns de dólares en América do Norte, por enriba do seu orzamento estimado de 2,5 millóns de dólares. Phoenix recibiu numerosos premios pola súa interpretación no filme, incluíndo o Volpi Cup ó mellor actor no Festival de Venecia, o Best Male Lead dos Premios Independent Spirit, e o premio ao mellor actor no National Society of Film Critics.

My Own Private Idaho é considerado un fito no movemento do Novo Cinema Queer, un movemento de cinema independente de comezos da década de 1990.[2] Dende a súa estrea en 1991, o filme conseguiu unha gran popularidade e converteuse nun clásico de culto, especialmente entre a audiencia LGBT. O filme salienta pola súa temática, tabú naquela época, e polo seu estilo vangardista.[3][4]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Box Office Mojo (ed.). "My Own Private Idaho (1991)". Consultado o 2 de febreiro de 2008. 
  2. Smith, Nathan (5 de febreiro de 2015). Times Higher Education, ed. "Twenty-five years of New Queer Cinema". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  3. Portwood, Jerry (25 de outubro de 2015). Out, ed. "The Enduring Power of My Own Private Idaho". Consultado o 4 de abril de 2018. 
  4. Collins, K. Austin (29 de setembro de 2016). "'My Own Private Idaho' Is a Queer Masterpiece". The Ringer. Consultado o 4 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]