Saltar ao contido

Museo Americano de Historia Natural

Museo Americano de Historia Natural
Coordenadas40°46′51″N 73°58′28″O / 40.780833333333, -73.974444444444
PaísEstados Unidos de América
CidadeManhattan
TipoHistoria natural
DirectorEllen Victoria Futter
Inauguración6 de abril de 1869
Visitantes5 millóns/ano
Na rede
https://www.amnh.org/
Facebook: naturalhistory Twitter: amnh Instagram: amnh Youtube: UCMkybZyI_B-xgkLQo_eCQ_w BNE: XX141319 Last fm: American+Museum+of+Natural+History Discogs: 7315813 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo Americano de Historia Natural,[1] en inglés: American Museum of Natural History (AMNH), situado no Upper West Side de Manhattan no 200 Central Park West de Nova York, Estados Unidos, é un dos maiores e máis famosos museos de historia natural do mundo. Situado nuns terreos axardinados fronte ao Central Park, componse de 27 edificios interconectados que albergan 46 salas de exposición permanentes, laboratorios de investigación e a súa famosa biblioteca.

As súas coleccións están formadas por máis de 34 millóns de espécimes, dos cales só unha pequena parte pode ser exposta á vez.[2]

Conta con 225 investigadores a tempo completo, patrocina máis de 120 expedicións científicas cada ano,[3] e recibe unha media anual de cinco millóns de visitantes.[4]

O AMNH é unha organización privada.[5]

A súa declaración de obxectivos é:

Descubrir, interpretar e difundir, a través da investigación científica e a educación, o coñecemento sobre as culturas humanas, o mundo natural e o universo.[6]

O museo foi fundado en 1869. A fundación do museo realizou o soño do naturalista Albert S. Bickmore, alumno do zoólogo de Harvard Louis Agassiz, que meteu presión incansabelmente durante anos para o establecemento dun museo de historia natural en Nova York. A súa proposta, respaldada por poderosos patrocinadores, ganou o apoio do gobernador do estado de Nova York, John Thompson Hoffman, que asinou un proxecto de lei creando oficialmente o Museo Americano de Historia Natural o 6 de abril de 1869.

En 1909, científicos do museo realizaron unha reconstrución da mandíbula dun tiburón, pero os expertos modernos demostraron que era demasiado grande e que estaba baseada en presuncións incorrectas.[7]

Debuxo da fachada sur da AMNH

Investigacións

[editar | editar a fonte]

Áreas principais de investigacións e proxectos:

[editar | editar a fonte]
  • O Museo Americano de Historia Natural é o principal escenario da comedia estadounidense Night at the Museum (protagonizada por Ben Stiller), así como o da súa secuela Night at the Museum: Battle of the Smithsonian. O museo tamén é o escenario habitual nas novelas de Douglas Preston e Lincoln Child.
  1. "Esquema do Museo Americano de Historia Natural" (PDF). Museo Americano de Historia Natural. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de xuño de 2012. Consultado o 17 de novembro de 2022. 
  2. "Dioramas at the Museum: Millions of Specimens in Context". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2019. Consultado o 17 de novembro de 2022. 
  3. "American Museum of Natural History - Overview and Programs". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2009. Consultado o 17 de novembro de 2022. 
  4. "Nº 7 American Museum of Natural History, New York City". Travel + Leisure. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 17 de novembro de 2022. 
  5. "American Museum of Natural History". Charity Navigator. Arquivado dende o orixinal o February 4, 2022. Consultado o March 25, 2022. 
  6. "Mission Statement". AMNH. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  7. Sala, Ángel (2005). "I. Bases fácticas y artísticas para una idea". En M. Tangir, Osvaldo. Tiburón ¡Vas a necesitar un barco más grande! El filme que cambió Hollywood. Hombres y tiburones: de la leyenda al estudio científico (2005 ed.). Barcelona, España: Círculo Latino, Sociedad Limitada. p. 9. ISBN 8496129721. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]