Meritxell Batet
(2018) | |
Nome orixinal | (ca) Meritxell Batet i Lamanya |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ca) Meritxell Batet i Lamaña 19 de marzo de 1973 (51 anos) Barcelona, España |
Deputada de España | |
Representa: Partit dels Socialistes de Catalunya 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Barcelona | |
Presidenta do Congreso dos Deputados | |
21 de maio de 2019 – 17 de agosto de 2023 ← Ana Pastor Julián – Francina Armengol Socías → | |
Deputada de España | |
9 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona | |
Minister for Territorial Policy (en) | |
7 de xuño de 2018 – 21 de maio de 2019 | |
Deputada de España | |
13 de xullo de 2016 – 15 de xuño de 2018 – Mohammed Chaib Akhdim (en) → Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 18 de abril de 2016 – 24 de novembro de 2016 | |
Deputada de España | |
5 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 9 de marzo de 2012 – 25 de xaneiro de 2015 | |
Deputada de España | |
9 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016 Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputada de España | |
31 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: España 21 de xuño de 2004 – 9 de marzo de 2012 | |
Deputada de España | |
29 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Pompeu Fabra - Licenciatura |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Barcelona |
Ocupación | avogada, profesora universitaria, xurista, política |
Empregador | Universidade Pompeu Fabra |
Partido político | Partit dels Socialistes de Catalunya Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Cónxuxe | José María Lassalle (2005–2016) |
Premios | |
| |
Meritxell Batet Lamaña, nada en Barcelona o 19 de marzo de 1973, é unha política catalá membro do Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC), profesora de Dereito Constitucional da Universidade Pompeu Fabra e actual Presidenta do Congreso dos Deputados.
Foi deputada socialista por Barcelona polo PSC na VIII, IX e X lexislaturas e deputada por Madrid polo PSOE na XI lexislatura. Forma parte do equipo de confianza do secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez que nas eleccións xerais de 2015 situouna no posto número dous da lista por Madrid e posteriormente nomeouna membro da comisión negociadora para configurar un goberno alternativo ao PP.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Política Territorial e Función Pública do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy. Desde o 21 de maio de 2019 é a Presidenta do Congreso dos Deputados da XIII lexislatura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación académica
[editar | editar a fonte]Estudou nas Escoles Gravi de Barcelona e accedeu á universidade co apoio de bolsas.[1] En 1995 licenciouse en Dereito pola Universidade Pompeu Fabra onde realizou tamén cursos de doutoramento coa presentación da tesiña Participación, deliberación e transparencia nas institucións e órganos da Unión Europea.[2] En 1998 realizou o posgrao en dereito inmobiliario e urbanístico en IDEC. En 2013 presentou o proxecto de tese doutoral que leva por título O principio de subsidiariedade en España.[3]
De 1995 a 1998 foi profesora de Dereito Administrativo na Universidade Pompeu Fabra e actualmente é profesora de Dereito Constitucional.[2]
En 2007 obtivo unha bolsa German Marshall para manter unha estancia nos Estados Unidos.[3]
Carreira política
[editar | editar a fonte]A súa primeira toma de contacto coa política foi durante a súa época de estudante. Explica nas súas entrevistas que cando na universidade obtivo unha bolsa da Generalitat para estudar o doutoramento o seu director de tese, Josep Mir, comentoulle que Narcís Serra, entón primeiro secretario do PSC, buscaba a alguén para coordinar a súa secretaría que non fose militante do partido senón independente. Colaborou con el durante dous anos.[1]
De 2001 a 2004 dirixiu a Fundación Carles Pi i Sunyer de Estudos Autonómicos e Locais.[2]
En 2004 concorreu como independente no noveno posto da lista por Barcelona do Partido dos Socialistas de Cataluña para o Congreso dos Deputados[4] encabezada por José Montilla e foi elixida deputada por Barcelona. En 2008 afiliouse ao PSC onde milita na agrupación de Gràcia da Federación de Barcelona.[1]
Nas eleccións xerais de 2008 ocupou o posto once da lista por Barcelona e renovou o seu escano do mesmo xeito que nas xenerais de 2011 ás que concorreu no posto número oito.[4] En febreiro de 2013 rompeu a disciplina de voto do Grupo Socialista xunto con outros deputados do PSC ao votar no Congreso dos Deputados a favor de senllas iniciativas presentadas por CiU e La Izquierda Plural (IU-ICV/EUiA-CHA) para permitir a realización dun referendo en Cataluña sobre a súa futura relación co resto de España. O grupo socialista multou con 600 euros a cada un dos deputados indisciplinados.[5]
En xullo de 2014 foi nomeada secretaria de Estudos e Programas na Comisión Executiva Federal do PSOE asumindo o seu primeiro cargo orgánico.[6][3]
Nas eleccións xerais de 2015 foi a número dous da lista do PSOE por Madrid a pesar de ser militante do PSC en tándem co secretario xeral Pedro Sánchez.[7][6] Ademais de coordinar o programa electoral para as xerais Sánchez encargoulle a coordinación do equipo de expertos que perfila a súa proposta de reforma da Constitución.[1]
En febreiro de 2016 foi unha das persoas elixidas por Sánchez para a negociación con outras forzas políticas no intento de configurar unha alianza de goberno alternativa ao PP.[8]
En abril de 2016 aceptou encabezar a lista do PSC por Barcelona nas eleccións xerais convocadas para o mes de xuño, tras a renuncia de Carme Chacón a volver ser candidata.[9]
En maio de 2016 confirmouse que Batet sería candidata sen primarias tras a renuncia de Carles Martí a expor unha candidatura alternativa.[10]
Batet foi elixida por Pedro Sánchez para formar parte de novo goberno que este formou, tras a moción de censura que o PSOE presentou contra o anterior goberno de Mariano Rajoy (PP) e que foi aprobada polo Congreso dos Deputados o 1 de xuño de 2018. Batet ocuparía a carteira do Ministerio de Política Territorial e Función Pública.[11]
Incluída como número 1 da lista do PSC-PSOE para as eleccións ao Congreso dos Deputados por Barcelona do 28 de abril de 2019, resultou electa como deputada. O 21 de maio de 2019, día de constitución da XIII lexislatura das Cortes Xerais, o pleno do Congreso dos Deputados elixiuna presidenta da cámara en segunda votación cunha maioría simple de 175 votos a favor.[12]
En setembro de 2023, anunciou que renunciaba á acta de deputada e que abandonaba a política activa.[13][14][15]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2021, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Italiana.
- 2021, Gran Cruz da Real Orden de Carlos III.[16]
- 2023, Medalla do Congreso dos Deputados.[17]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En agosto de 2005 casou na localidade cántabra de Santillana del Mar co deputado por Cantabria do Partido Popular, José María Lassalle (1966), con quen ten dúas fillas xemelgas, Adriana e Valeria, nacidas o 24 de setembro de 2013 na maternidade de O' Donnell do hospital Gregorio Marañón de Madrid.[18] Divorciáronse en maio de 2016.[19]
Estudou danza clásica e contemporánea, unha das súas paixóns, segundo explicou nalgunha das súas entrevistas máis persoais.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Juan Carlos Merino (4 de outubro de 2015). "Meritxell Batet, una catalana rebelde en la candidatura del PSOE". La Vanguardia. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Meritxell Batet Lamaña". 26 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Biografía de Meritxell Batet Lamaña - PSOE". web.psoe.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2018. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Listas elecciones generales | Socialistes | Partit dels Socialistes de Catalunya". www.socialistes.cat. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ Segundo, Sanz (9 de xuño de 2018). "Meritxell Batet apoyó tres veces en el Congreso un referéndum independentista pactado". Ok Diario. Consultado o 10 de xuño de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 Nuevatribuna. "Meritxell Batet y Zaida Cantera, candidatas dos y seis en la lista del PSOE". Nuevatribuna. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ "Todo el PSOE mira a Meritxell Batet para encabezar la lista de Barcelona". ELMUNDO. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ Díez, Anabel (3 de febreiro de 2016). "Sánchez elige un equipo moderado para negociaciones difíciles". El País. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
- ↑ Pascual, Roger (29 de abril de 2016). "Meritxell Batet acepta ser la candidata del PSC el 26J". El Periódico. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ "Batet será candidata del PSC sin primarias". El Mundo. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ País, El (5 de xuño de 2018). "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez". EL PAÍS. Consultado o 5 de xuño de 2018.
- ↑ Díez, Anabel; Casqueiro, Javier (21 de maio de 2019). "La socialista Meritxell Batet, elegida nueva presidenta del Congreso". El País.
- ↑ Redacción (6 de setembro de 2023). "Meritxell Batet renuncia a su acta como diputada y abandona la primera línea política". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ Redacción (6 de setmbro de 2023). "La socialista Meritxell Batet anuncia que deja la política". elmundo.es (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ Redacción (6 de setmbro de 2023). "La socialista Meritxell Batet anuncia que deja la política". eldiario.es (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ Presidencia do Goberno (29 de decembro de 2021). "Real Decreto 1188/2021, de 28 de diciembre, por el que se concede la Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III a doña Meritxell Batet Lamaña.". boe.es (en castelán). p. 166283. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ REdacción (29 de agosto de 2023). "Meritxell Batet recibe la Medalla del Congreso que ella entregó a todos sus predecesores". europapress.es (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "Los bebés de una decena de diputados del PSOE visitan el Congreso". Terra. 11 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ "Meritxell Batet y José María Lassalle se separan". 9 de maio de 2016. Consultado o 30 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Meritxell Batet |
- Nados en Barcelona
- Nados en 1973
- Políticos do PSC
- Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura
- Presidentes do Congreso dos Deputados
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)