Memorial Address
Memorial Address | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Ayumi Hamasaki | ||||
Publicado | 17 de decembro de 2003 | |||
Gravación | 2003 | |||
Duración | 39 min | |||
Xénero(s) | J-Pop | |||
Selo(s) | avex trax | |||
Produtor | Max Matsuura | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Memorial Address é o primeiro EP lanzado pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki o 17 de decembro do ano 2003 baixo o selo avex trax.
Información
[editar | editar a fonte]Este é o EP mellor vendido por unha cantante solista no Xapón, con máis dun millón de copias vendidas en dito pais. Un dos singles deste EP, "Forgiveness", foi o single número 30 que lanzou a artista dende o seu debut oficial en 1998, realizándose un concerto chamado "A museum ~30th single collection live~" para celebralo.
Este EP tamén foi un dos primeiros álbums que avex lanza en formato CD+DVD (o disco de son máis un DVD incluído, xeralmente cos vídeos feitos para promocionar ó álbum, o nalgunhas ocasións, algunha entrevista ou escenas detrás das cámaras). O DVD para o álbum contén vídeos musicais para tódalas cancións incluídas no disco de son, coa excepción de "Memorial Address (take 2 versión)", e tamén un digest o preview do concerto aniversario de A museum. O vídeo musical de "Because of You" gañou o premio ó mellor vídeo feminino na entrega dos MTV Video Music Awards Japan do ano 2004.
A canción "Memorial Address" é considerada como un bonus track do álbum, a pesar de que o álbum leva o seu nome. A canción é unha adaptación dunha das cancións de LOVER SOUNDTRACK, coas letras escritas por Ayumi Hamasaki; debido a isto o de take 2 version, xa que non é unha melodía orixinal. É a segunda vez dende "Ever Free" (no single de "Vogue") que as letras dunha canción non son publicadas no libreto do disco a petición da artista, xa que a artista considera o seu contido bastante emocional e privado. "Memorial Address" tamén foi incluída como canción secreta do A BEST 2 –BLACK- despois da última pista.
Lista de temas
[editar | editar a fonte]CD
[editar | editar a fonte]# | Título |
---|---|
1. | ANGEL'S SONG |
2. | Greatful days |
3. | Because of You |
4. | ourselves |
5. | HANABI~episode II~ |
6. | No way to say |
7. | forgiveness |
8. | Memorial address (take 2 version) |
DVD
[editar | editar a fonte]# | Título |
---|---|
1. | ANGEL'S SONG |
2. | Greatful days |
3. | Because of You |
4. | ourselves |
5. | HANABI~episode II~ |
6. | No way to say |
7. | forgiveness |
8. | Special Digest from A museum~30th collection live~ |
Posición nas listas
[editar | editar a fonte]Lanzamento | Lista | Máxima posición | Vendas na primeira semana | Vendas totais | Semanas |
---|---|---|---|---|---|
17 de decembro de 2003 | Oricon Daily Albums Chart | #1 | |||
17 de decembro de 2003 | Oricon Weekly Albums Chart | #1 | 524,028 | 1,062,297 | 53 |
17 de decembro de 2003 | Oricon Yearly Albums Chart | #5 |
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Lanzamento | Título | Máxima posición | Semanas | Vendas |
---|---|---|---|---|
9 de xullo, 2003 | "&" | #1 | 16 | 591,481 |
20 de agosto, 2003 | "Forgiveness" | #1 | 12 | 222,000 |
29 de setembro, 2003 | "No way to say" | #1 | 12 | 371,171 |
Vendas acumuladas dos singles: 1,184,652
Vendas acumuladas dos singles e o álbum: 2,246,949