Masashi Kishimoto
Aparencia
Nome orixinal | (ja) 岸本 斉史 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de novembro de 1974 (50 anos) Nagi, Xapón (pt) |
Residencia | Okayama |
Educación | Kyushu Sangyo University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Manga |
Ocupación | Mangaka, artista, ilustrador, guionista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Seishi Kishimoto |
Descrito pola fonte | Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon |
Masashi Kishimoto (岸本斉史 Kishimoto Masashi?), nado o 8 de novembro de 1974[1] en Nagi, Okayama é un popular debuxante de manga creador de Naruto. Ó autor apaixonáballe o manga e o anime e vía as sagas de Akira Toriyama, o creador de Dragon Ball, o cal foi unha das súas principais influencias. Debuxa manga dende que ía ó instituto e é irmán xemelgo doutro debuxante de manga, Seishi Kishimoto, creador de 666 Satan e Blazer Drive.
Manga
[editar | editar a fonte]- Karakuri (1996), publicado en Hop Step Award Selection 18 ('95~'96) (1996), Akamaru Jump Winter (1997), e Naruto: The Official Premium Fanbook (2009).
- Naruto piloto (1997), publicado en Akamaru Jump Summer (1997) e Naruto: The Official Fanbook (2002).
- Karakuri (abril de 1998 – maio de 1998), serializado en Weekly Shōnen Jump.
- Naruto (novembro de 1999), serializado en Weekly Shōnen Jump.
- Bench one-shot (outubro de 2010), publicado en Weekly Shōnen Jump.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kishimoto, Masashi (4 de outubro de 2002). NARUTO―ナルト―[秘伝·兵の書]オフォシャルファンBOOK (en xaponés). Xapón: Shueisha. p. 205. ISBN 4-08-873321-5.