Marcha sobre Roma
A marcha sobre Roma (en italiano Marcia su Roma) foi unha marcha organizada entre o 27 e o 29 de outubro de 1922 por Benito Mussolini, daquela dirixente do Partido Nacional Fascista, e que o levou ao poder do Reino de Italia. A marcha marca o final do réxime parlamentario e o comezo do réxime fascista, se ben o modo en que Mussolini se converteu en xefe de goberno estaba de acordo coa constitución italiana vixente, o Statuto Albertino. A ditadura entrou en vixencia máis adiante, co asasinato de Giacomo Matteotti e a prohibición de partidos da oposición.
Posición de Vítor Manuel III
[editar | editar a fonte]Para disolver a ameaza que presentaban os fascistas que chegaban ao alfoz da cidade, o goberno do primeiro ministro Luigi Facta pediu o estado de sitio para Roma. Porén, o Rei Vítor Manuel III negouse a firmar a orde. Isto significou que non ordenaron ao exército opoñerse aos fascistas. Os motivos da negativa do monarca foron discutidos, suxeríndose as teorías de que temía perder o trono se rexeitaba cooperar cos fascistas, que quería evitar unha guerra civil, e que esperaba neutralizar os fascistas asociándoos ao goberno nacional.
Desenvolvemento da marcha
[editar | editar a fonte]Mussolini, seguro do seu control sobre os acontecementos, estaba decidido a non aceptar nada que non fose o control do goberno, e o 29 de outubro o rei pediulle que aceptase o posto de primeiro ministro e que formase un gabinete. Viaxando desde Milán en tren, Mussolini formou goberno en Roma o 30 de outubro. Preto de 25.000 camisas negras foron transportados á cidade, onde marcharon nun triunfante desfile cerimonial o 31 de outubro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Entrada en Roma do 30 de outubro", artigo no New York Times (en inglés).
- «O grande exército fascista disposto a entrar en Roma», artigo no New York Times (en inglés).