Saltar ao contido

Macrauchenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Macrauchenia
Rango fósil: Mioceno tardío - Plistoceno tardío

M. patachonica (meirande) e Phenacodus primaevus (cativo)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Litopterna
Familia: Macraucheniidae
Xénero: Macrauchenia''
Especie tipo
'Macrauchenia patachonica'
Owen, 1838
Especies

M. patachonica
M. ullomensis
M. boliviensis

Macrauchenia (que quere dicir "gran llama", baseado no termo latino para llamas, Auchenia) era un ungulado de pescozo e lombo longos orixinario de América do Sur, tipificador da orde Litopterna. Os fósiles máis antigos destes animais roldan os sete millóns de anos, e M. patachonica desaparece do rexistro fósil durante o Plistoceno tardío, ó redor de hai 20.000 ou 10.000 anos. M. patachonica era o membro máis coñecido da familia Macraucheniidae, e é coñecido por fósiles atopados principalmente na Arxentina. A especie tipo foi descuberta por Charles Darwin durante a viaxe do Beagle. En vida, Macrauchenia parecíase a un camelo o un elefante curto, aínda que non é estreitamente relacionado cos camelo ou proboscídeos.[1]

  1. "BBC - Science & Nature - Wildfacts - Macrauchenia". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de xuño de 2009.