Lox (salmón)
Aparencia
Lox é salmón cortado en filetes e curado. O proceso permite que non sexa necesario afumar ou cociñar o peixe, resultando nunha textura semellante á que ten o peixe cru. A palabra inglesa deriva do yiddish lox – que é unha palabra do cognado do sueco (lax), danés/noruegués (laks), alemán (Lachs), e inglés antigo (læx). Sérvese a miúdo con bagels e crema de queixo. O lox é un dos alimentos máis importantes na cociña asquenací.
Tipos
[editar | editar a fonte]- Regular lox; mariñado nunha salmoira, a miúdo azucre, e especies. Este proceso denomínase "mariñado seco" e está vencellado coa comida afumada.
- Nova lox ou Nova Scotia lox; semellante ao regular lox, mais curado nun mariñado suave. En Nova York existe o Nova Scotia.
- Scottish lox; unha mestura de sal e azucre, especias e outros condimentos aplicados á carne ou peixe.
- Scandinavian lox; peixe curado en sal (salgadura).
- Gravad lox; coñecido tamén coma Gravad lax ou Gravlax, coñécese como a forma escandinava de preparar o salmón. O gravad lox non está afumado e mestúrase con especias, que inclúe aneto, azucres e sal.